Número 40
Nos seus 40 números, A Cuarta Parede sempre se achegou ao cinema coa ollada aberta a todo tipo de novas situacións que o contexto nos brindase. Emporiso, este número 40 está ilustrado coa imaxe do capítulo (ou filme) Bandersnatch (Charlie Brooker, 2018), que forma parte do universo Black Mirror. Un filme do que Víctor Navarro Remesal dá conta neste artigo a propósito das múltiples posibilidades de análise que ofrece este novo produto do xigante Netflix. Tamén sobre... Ler máis
Número 34
Cando Jack Burnham definiu en 1968 o termo “cinema expandido” no seu libro Más allá de la escultura moderna, pretendía reivindicar todas as prácticas artísticas que racharan cos límites convencionais da institución artística. Seguindo esta tradición, dous anos despois, nun volume titulado Cine expandido, Gene Youngblood poría o acento sobre o estado de percepción, asumindo que toda peza do que el chamou “cinema expandido” debera ofrecer ao espectador unha sorte... Ler máis
Número 31
Os cineclubes son uns axentes perennes da cinefilia que teñen o valor de seguir reivindicando a dimensión colectiva e participativa do cinema. Nós somos os seus espectadores, e algúns mesmo estivemos detrás da súa programación nalgunha tempada, polo que é tempo adicarlles este novo número d’A Cuarta Parede. Queríamos saber como lles van as cousas nestes tempos de peche (nas nosas casas, co noso home cinema, coa nosa conexión á rede e a nosa suscrición a distintas... Ler máis
Número 30
Charles Burnett é un dos nomes máis descoñecidos e relevantes do cinema independente estadounidense dos últimos corenta anos. A súa primeira longametraxe, Killer of Sheep (1977), é unha desas xoias ás que o cinéfilo atento chega logo de atopala en lecturas aquí e acolá. Pode que se cadra a vise listada entre o mellor da década dos setenta por Jonathan Rosenbaum, ou que vise unha das súas imaxes icónicas, sen saber moi ben a que filme se refería. Descubrir Killer... Ler máis
Número 28
Ante unha cita tan importante como a do 20-D, na que nos xogamos o futuro político dos próximos catro anos, dende A Cuarta Parede preguntámonos como o goberno que saia elixido das urnas poderá influír no sector cinematográfico, coas súas políticas públicas. O cinema, por non falar da cultura en xeral, é un tema que adoita estar ausente nos debates televisivos, que rara vez se menciona nos artigos de opinión durante as campañas, e que non ocupa dende logo un lugar de... Ler máis
Número 26
O traballo da crítica consiste en elaborar un discurso sobre o mundo a través do cinema, mais hai moitos xeitos de facelo: hai quen escribe, quen investiga, quen dá aulas, quen filma e quen programa, actividades todas elas que se desenvolven dende unha perspectiva crítica e cunha vontade ás veces moi similar. Moitas destas tarefas mesmo poden coincidir nunha mesma persoa, polo que hai críticos-ensaístas, críticos-investigadores, críticos-profesores, críticos-cineastas... Ler máis
Número 25
Cando acudimos ás salas ultimamente para ver esas aventuras fantásticas, en galaxias lonxanas ou mundos imposibles, que nos transportan a ese emocionante momento da infancia, o descubrir a maxia do cinema por vez primeira; asistimos por momentos a outras memorias: o videoxogo primixenio, no que saltamos de plataforma en plataforma para rescatar princesas en pantallas que puñan a proba as nosas habilidades (no de pulsar botóns). En efecto, o videoxogo entrou na linguaxe cinematográfica... Ler máis
Número 24
En menos de dous meses cumprimos catro anos de andaina. Neste tempo, publicamos máis de 450 textos sobre filmes de todo tipo e épocas, anque sempre atentos á actualidade. As películas do lustro 2010-2014 son así as que máis espazo veñen ocupando nos nosos artigos. Por iso, agora que o ano en curso chega á súa fin, decidimos que desta volta tiñamos a oportunidade de facer repaso a todos os títulos que teñen marcado A Cuarta Parede e, a través deles, reflexionar sobre... Ler máis
Número 23
O cinema, ademais dunha arte do tempo, é tamén unha arte do espazo, na medida en que as imaxes en movemento son capaces de producir espacialidade, isto é, o conxunto de relacións sociais, económicas e culturais que se crean arredor dun lugar para convertelo nalgo máis que unha simple entidade xeográfica. A nosa fascinación por este tema xa nos levou hai dous anos a publicar unha panorámica adicada á representación das transformacións urbanas (que podedes lembrar no... Ler máis
Número 21
Os aniversarios serven, entroutras cousas, para espertar a reflexión: Que é A Cuarta Parede? Que é o que somos? Que é o que facemos? Por suposto, somos unha revista dixital de crítica cinematográfica, que é o que imos dicindo por aí, mais queremos pensar que esta cabeceira é, ante todo, unha ferramenta que nos permite pensar o cinema, tanto aos que escribimos nela como aos que nos ledes. Esta idea, esta ilusión, vertebra tódolos contidos deste número, que xorde da... Ler máis