FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (I)

1. Prólogo Seguir de preto a curta historia dun festival, máis cando os seus primeiros pasos van paralelos no tempo ao crecemento dun mesmo como cinéfilo, permite sacar conclusións globais raramente factibles en calquera outra circunstancia. No caso de Filmadrid, se nos paramos a lembrar o espírito co que naceu nunha noite de xuño de 2015, a súa evolución ata o momento actual só pode adxectivarse cun inusual entusiasmo. Con idéntica mirada retrospectiva, podería afirmarse... Ler máis

DOC LISBOA 2017: DESCOLONIZAR A NOSA OLLADA

Nunca chegamos a ningures ceibes de prexuízos: temos a mente colonizada por discursos alleos, impostos, que damos por supostos. Non sabemos ren, mais temos opinións para todo. De onde xurdiron? Cómpre desconfiar desas ideas: conta máis inmediatas, máis sospeitosas. Mellor a dúbida que a certeza, a curiosidade que a seguridade, como ben sabe a equipa de programación do Doc Lisboa, encabezada polos seus directores Cintia Gil e Davide Oberto. Por iso, a competición internacional... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2015: UNHA ILLA EN TERRA FIRME

A 9ª edición do Festival Punto de Vista estreaba nova sede, Baluarte, e novo director artístico, o xornalista e cineasta Oskar Alegría. O cambio de espazo non mudou a xeografía do certame, xa que a situación das salas na cidade era practicamente a mesma, mais si que significou gañar en acústica (grazas ás paredes de madeira) e perder en imaxe (por culpa dunhas pantallas cheas de engurras, puntos e raias), aínda que ao final o verdadeiro problema foi de comodidade:... Ler máis

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS

Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis

ÉRIC BAUDELAIRE: “TODA NACIÓN É UNHA FICCIÓN COLECTIVA”

O cineasta francés Eric Baudelaire sorprendeu aos afeccionados ao documental en 2011 con L’anabase de May et Fusako Shigenobu, Masao Adachi et 27 années sans images, unha poética película que presentaba con naturalidade a relación do director nipón Masao Adachi co Exército Vermello Xaponés. Un exilio no Líbano de case 30 años, no que política e cinema se entrelazaban, repasando a teoría da paisaxe (fukeiron) este xenuíno activista do celuloide, coa que intentaba... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (II/II)

Esta crónica é a segunda parte da que publicamos aquí. Soon-Mi Yoo logra en ‘Songs From the North’ trazar un interesante retrato de Corea do Norte mediante imaxes de arquivo. Historias en minúscula Esa vontade de repasar a historia en maiúsculas está aínda noutros filmes da selección, mais dende o persoal, unha sorte de metáfora do eu. Como xa mencionaramos na crónica do FID Marseille, Marie Voignier realiza en Tourisme international (2014) unha visita a... Ler máis

FID MARSEILLE 2014: TI FALA, EU FILMO

Debido á extensión da cobertura do FID, publícase agora esta primeira crónica sobre a participación dos suxeitos filmados nos procesos narrativos; e sigue esta outra sobre as últimas tendencias observacionais e o auxe dos actores non profesionais, tomados da contorna – habitualmente familiar – dos cineastas. O festival de documentais máis importante de Francia cumpriu a semana pasado o seu cuarto de século, demostrando unha vez máis que é un dos lugares máis relevantes... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA

Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis

PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA

A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo, só dura trinta segundos. Cada vez que aparecía na pantalla, a hipnose comezaba: a rabia do animal... Ler máis