TONI ERDMANN, de Maren Ade
Na primeira secuencia de Alle anderen (Maren Ade, 2009), a trintaneira Gitti tentaba mellorar a súa relación cunha nena pequena dun xeito pouco usual: logo de instala a exteriorizar o seu suposto odio, e tras recibir un disparo ficticio, deixábase caer na piscina para culminar unha sobreactuada catarse. Aquel estraño inicio, preludio dunha obra irregular que diseccionaba os roles dunha parella en crise forxaba un estilo propio en medio da invocación rosselliniana,... Ler máis
BARBARA, de Christian Petzold
Derribar o Muro Ante a apropiación pola banda da industria de Hollywood de calquera relato relacionado coa Segunda Guerra Mundial e o nazismo para fabricar as súas grandes epopeas cinematográficas, o cinema alemán tivo que procurar o seu oco noutros períodos da historia recente. Por este motivo, a nova vaga de directores xermanos centra a súa ollada nos últimos tempos da Alemaña Oriental, unha época menos ‘aireada’ na gran pantalla, mais igual de escura e... Ler máis