LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia

Unha constante actual en occidente é dar marcha atrás en materia de liberdade cidadá, como apuntan as protestas estudantís do pasado ano en México ou a aprobación da Lei Mordaza hai apenas uns meses en España. Porén, contra estas políticas da opresión e do medo, xorden movementos subterráneos que se moven por debaixo dun sistema corrupto e obsoleto á procura de novas vías de expresión. Ras e Calvin, os protagonistas de Los Hongos (Óscar Ruiz Navia, 2014), son dous... Ler máis

ENTRE O RURAL E O URBANO

A representación do barrio moderno en Os Verdes Anos Ler o artigo orixinal en portugués A análise que segue sobre Os Verdes Anos (Paulo Rocha, 1963) ten como base a representación do barrio como elemento central da paisaxe urbana lisboeta a comezos dos anos sesenta. Considerado como un dos traballos máis relevantes do Novo Cinema Portugués, a primeira longametraxe de Paulo Rocha explora mediante unha sofisticada posta en escena a transformación urbana que sofreu a cidade... Ler máis

郊遊 (STRAY DOGS), de Tsai Ming-liang

Soñan os humanos con paisaxes pintadas? -Que caste de cadros? – Paisaxes. – Síntoo, non teño paisaxes. Blow Up (Michelangelo Antonioni, 1966) ——————————————————– I’m not in love with the modern world, I’m not in love with the modern world, It was a torch driving the savages back to the trees Wolf Parede, Modern Times —————————————– A... Ler máis