MUDAR LA PIEL, de Ana Schulz e Cristóbal Fernández
Ao longo da década, desde que ETA anunciase o cesamento da súa actividade armada en 2011 ata a súa disolución este mesmo ano, o cinema seguiu abordando o conflito vasco con novos e máis libres enfoques. Parece que se abandonou dunha vez por todas a aproximación maniquea e agregouse unha enriquecedora paleta de cores entre o branco e negro. Entre os filmes recentes que apostaron por superar a falsa dicotomía entre bos e malos atopamos o documental Asier ETA biok (Amaia... Ler máis
A VIAXE DE LESLIE, de Marcos Nine
Todo herculino coñece esta historia: o actor británico Leslie Howard viaxaba en avión de Lisboa a Bristol, aló por 1943, cando foi abatido por cazas alemáns. Os restos do accidente descansan nalgún lugar da costa coruñesa de Cedeira, onde unha placa conmemora o suceso (ou o que nos contaron del). Por moito que un faga unha importante investigación xornalística ou histórica sobre as causas deste ataque, non poderá atopar a verdadeira razón pola que os nazis derrubaron... Ler máis