NOVOS CINEMAS 2016: DA AUTOINDULXENCIA (DOS PERSONAXES) Á AUTOESIXENCIA (DOS PROGRAMADORES)

A primeira edición dun festival é, nestes tempos de retalladas austeritarias, un acto de afouteza, e máis aínda se ese festival se constrúe a partir dun concepto forte e significativo, como acontece con Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. A idea dos seus programadores, Suso Novás e Ángel Santos, é tan sinxela como efectiva: crear un festival dedicado a aqueles cineastas que só teñen unha ou dúas longametraxes na súa traxectoria, dándolle... Ler máis

OF THE NORTH, de Dominic Gagnon

Novos Camiños para o Documental Etnográfico of the North, escrita coa primeira vogal en minúscula, como é expreso desexo do seu autor, aparece como un título mutilado por necesidade. Xa transcorreron 93 anos dende que Robert J. Flaherty emprendeu aquela viaxe épica partindo de Toronto cara os confíns do Círculo Polar Ártico para retratar a primitiva loita diaria contra os elementos de Nanook of the North (1922). As súas imaxes, unha vez convertidas en emblema e parte... Ler máis