Curtocircuíto 2022: Explora
Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf Os festivais de cinema que máis me interesan sempre foron eses capaces de realizar apostas propias e gañarse unha identidade singular, ao tempo que en cada edición se preguntan sobre o seu modelo e van incorporando novas indagacións. Cando un proxecto xa está asentado, xorde unha pregunta lóxica e de difícil resposta: que facer con eses cineastas polos que se apostou dende o inicio e que de forma continuada presentan filmes ao certame?... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Explora, formas de experimentación
Curtocircuíto deixa reservada a súa sección Explora para as propostas máis experimentais. Este ano levou o premio principal Surviving You, Always (2021), do artista visual multidisciplinar Morgan Quaintance. Trátase dunha colección de fotos fixas, un pouco ao estilo de La Jetée (Chris Marker, 1962), que presenta a historia dun amor adolescente sumido nun mar de drogas psicodélicas, nun suburbio do sur de Londres. Sobre as imaxes, imprímese unha narración escrita de... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2018: JESSICA SARAH RINLAND: BALEAS E BALEAS
Na última edición de Curtocircuíto, Jessica Sarah Rinland gañaba o premio á mellor película da sección Explora con Ý Berá – Aguas de Luz. A categoría, cuxos xurados premiaran no pasado a nomes coma Tomonari Nishikawa ou Sebastian Mez, apostaba agora por unha cineasta presente en anteriores edicións de Curtocircuíto e cuxa obra adquirira un prestixio crecente tras o seu paso por festivais e despois de colaborar con institucións como o M.I.T, Harvard, a Locarno Filmmaker’s... Ler máis
O OASIS DA CRÍTICA DE CINEMA EXPERIMENTAL
Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Mónica Delgado impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. “O golpe fresco de Wavelenght, de Michael Snow, estaba en ver a tantos novos actores -luz e espazo, paredes, ventás en aumento, e un número sorprendente de variacións de cor e sombra que viven e morren nos vidros das fiestras- volverse compoñentes estéticos principais da experiencia cinematográfica”1, dixo Manny Farber, en ArtForum en 1970,... Ler máis
DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA
“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis
8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO
Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR
Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis
Procesos #16 – Alberto Gracia
O paso de Alberto Graciaipor Róterdam foi fugaz, non porque quedase poucos días na cidade holandesa, senón porque con el o tempo pasa rapidamente. Atopámonos por primeira vez en Cinerama, no primeiro pase da súa película, a “Estrea Mundial”. Todo sexa dito, ao equipo desta pequena produción de 10,000 euros, o titular parécelles un tanto absurdo. Aínda que o “absurdo” é, en palabras de Gracia, o tema central deste “experimento”. Xunto a Alberto chega Felipe... Ler máis
ZWAZO, de Gabriel Abrantes
Gabriel Abrantes (N. 1984) presentou na 20.ª edición do Curtas Vila do Conde un novo filme que integra, con moita coherencia, o seu percorrido singularíssimo no contexto do cinema portugués. Vindo das artes plásticas, mais con formación académica en cinema e artes visuais, Gabriel Abrantes comezou a facer cinema en 2006 nun contexto de galeria, para ser exhibido en exposicións de artes plásticas, comezando desde cedo a construír un universo estético e a desenvolver... Ler máis
MATTHIAS MÜLLER E O CINEMA DE APROPIACIÓN
Ao referirnos ao cinema de apropiación, é necesario “diferenciar entre exploración e explotación”. Con esta elocuente e perspicaz distinción finalizaba Matthias Müller a conferencia que ofreceu o pasado 4 de novembro na xornada inaugural do Xperimenta ’11, celebrado no CCCB. Este relatorio foi a primeira parte dun programa dobre titulado, agudamente, Thieves Like Me, e na que o prestixioso artista audiovisual alemán realizou un ilustrativo itinerario pola historia... Ler máis