Curtocircuíto 2022: Explora
Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf Os festivais de cinema que máis me interesan sempre foron eses capaces de realizar apostas propias e gañarse unha identidade singular, ao tempo que en cada edición se preguntan sobre o seu modelo e van incorporando novas indagacións. Cando un proxecto xa está asentado, xorde unha pregunta lóxica e de difícil resposta: que facer con eses cineastas polos que se apostou dende o inicio e que de forma continuada presentan filmes ao certame?... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Explora, formas de experimentación
Curtocircuíto deixa reservada a súa sección Explora para as propostas máis experimentais. Este ano levou o premio principal Surviving You, Always (2021), do artista visual multidisciplinar Morgan Quaintance. Trátase dunha colección de fotos fixas, un pouco ao estilo de La Jetée (Chris Marker, 1962), que presenta a historia dun amor adolescente sumido nun mar de drogas psicodélicas, nun suburbio do sur de Londres. Sobre as imaxes, imprímese unha narración escrita de... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN
Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas similitudes. Xa dixemos que en Radar existía na selección deste ano unha vontade de resistencia... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2018: O MAPA E O TERRITORIO
Trees down here (Ben Rivers, 2018) Existen planos que definen o espírito da película á que pertencen. Outros que son capaces de facelo tamén coa sección do festival que os acolle. Nesta ocasión, o momento clave pertence a un fragmento de Trees Down Here (2018) de Ben Rivers, estudo dos cambios que supuxo para a vida do Churchill College pasar do illamento dos seus edificios brutalistas á integración entre o construído e a súa contorna natural, froito da recente reforma... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2017: VER ONDE NINGUÉN VE
A programación da 14 edición de Curtocircuíto prestaba especial atención a todo aquilo que xiraba arredor do son. Precisamente, con este mesmo nome, o festival agrupaba diferentes sesións e actividades que tiñan o son como eixo central. “O cine non é visible e audible, senón que algo sucede no medio de ámbolos dous sentidos. Se as imaxes se proxectan sobre a pantalla, o son é o modo que ten o cinema de proxectarse sobre nós”, di Xoán-Xil López no texto do catálogo... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR
Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2012: CRÓNICA DUN(S) PREMIO(S)
Hai moitos xeitos de gozar dun festival. Estamos os madrugadores, eses das sesións de prensa á hora do almorzo; os que fan un calendario axustado con máis pases que horas ten o día, que corren dunha sede a outra para non perder nada; os convidados que prefiren pasar o tempo no bar, relacionarse, e ir ver filmes puntuais do seu interese. Haberaos que prefiran o documental de autor, outros a animación máis fedella, e aínda máis serán os que tiren pola ficción cunha factura... Ler máis