Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (II)
A nossa terra, o nosso altar (2020), de André Guiomar Continuando coa nosa crónica da Sección Internacional do Porto/Post/Doc 2020 (podes ler aquí a primeira parte) chegamos ao cineasta André Guiomar, premiado como director emerxente co seu filme A nossa terra, o nosso altar (2020). Unha obra que, sendo propiamente documental, recolle dende unha óptica social os últimos alentos do barrio social do Aleixo, no Porto. Un ollar ao proceso de xentrificación e mobilización... Ler máis
LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau
Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis