LAZZARO FELICE, de Alice Rohrwacher

LÁZARO O RESUCITADO NA CAVERNA DE PLATÓN [crítica con spoilers] Lazzaro vive xunto aos seus paisanos na vila de La Inviolata, un ambiente moi rural onde se traballa a terra ata a extenuación e onde el semella ser o último branco nunha longa cadea de explotación que comeza polas malas formas dunha marquesa que parecese sacada dun conto dos irmáns Grimm. O rapaz non é moi espelido, é un deses parvos sabios e, carecendo de miolo, desborda bondade e candidez. Diríase que... Ler máis

BALADA DE UM BATRÁQUIO, de Leonor Teles

O seguinte texto é obra dun dos participantes do Workshop Crítica de Cinema realizado durante o Curtas Vila do Conde – Festival Internacional de Cinema. Este obradoiro consistiu, dunha banda, nun conxunto de clases maxistrais e debates con convidados internacionais, e doutra, na produción de textos críticos sobre os filmes exhibidos durante o festival, que foron publicados, periodicamente, na páxina do Público, no blog do Curtas Vila do Conde, e nas revistas Á... Ler máis

BELLA E PERDUTA, de Pietro Marcello

O filme comeza, paseniño, en silencio. Coñecemos a Tomasso, o anxo do Carditello. Este granxeiro metido a coidador dun símbolo de Italia, un antigo palacio borbónico, hoxe só habitado polas silvas e visitado polos ladróns. Despois, Pulcinella, outro anxo, este celestial, que agarda nunha cárcere unha tarefa que cumplir. Todo no máis absoluto silencio, deixando que sexan as imaxes as que falen en troques do diálogo. Mais, cando aparece Sarchiapone, o búfalo orfo, atopado... Ler máis

AMAR, BEBER E CANTAR: O CINEMA EPICÚREO DE OTAR IOSSELIANI

Un dos motivos polos que coñecemos a obra de Otar Iosseliani ao sur dos Pirineos é grazas á súa conexión basca: o Donostia Zinemaldia adicoulle unha primeira retrospectiva aló polo 2001, e agora, hai pouco máis dun mes, o último Punto de Vista programou media ducia dos seus filmes, entre os que se atopaba a mediometraxe televisiva Euskadi été 1982, da que xa falamos nunha das nosas crónicas dese festival. A inclusión desta peza no ciclo Chez les Basques serviu para... Ler máis