LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE
Pode que fose o efecto Trump, que nos caeu no medio do festival, condicionando a lectura dos filmes. Pode que fose iso, ou simplemente que os cineastas do presente opinan que o temos moi chungo. O caso é que a selección de Las Nuevas Olas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla en 2016 deixounos moi mal corpo. Non porque as propostas elixidas pola equipa de José Luis Cienfuegos non fosen estimulantes –aí non perderon un ápice da súa procura de novos camiños para o cinema–... Ler máis
EUGÈNE GREEN: “A ÚNICA ESPERANZA PARA EUROPA É ATOPAR A SÚA ESPIRITUALIDADE”
O autor, fotografado ao estilo dos planos dos seus filmes nunha taberna de Alfama (Lisboa). Eugène Green empezou tarde a facer cinema. Viña do teatro barroco, onde a declamación é esencial, e iso trasladouno ás súas películas dende o principio. A palabra xoga un papel importante xa en Toutes les nuits (2001), primeira da serie que fixo con Adrien Michaux, un actor que a moitos nos recorda ao Jean-Pierre Léaud dos filmes de Truffaut. Pode dicirse que a relación artística... Ler máis