La mala familia, de Nacho Villar e Luis Rojo
A falsa sensación de liberdade de decisión Todos somos fillos de alguén. Todos tivemos nalgún momento un familiar que mirou por nós, e probablemente outro que só quixo afundirnos. Non escollemos quen leva o noso sangue, o único que podemos facer é tratar de asumir a nosa árbore xenealóxica o mellor posible. O que si podemos escoller son as nosas amizades, a familia que non é de sangue, pero si de corazón. Somos animais sociais, e a xente coa que decidimos pasar o... Ler máis
Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa
Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis
Las Palmas 2022: O limbo e a familia
La edad media, de Alejo Moguillansky A 21.ª edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, a primeira que os espectadores puideron ver en cines e sen máscara desde que se cancelou a de 2020, xira ao redor da familia. A familia e a pandemia, aínda que ambos os temas distribuíronse de maneira desigual entre a ficción e o documental nun festival sempre atento a ámbolos xéneros. A película que de forma máis directa abordou a pandemia desde o marco... Ler máis
Nuria Giménez Lorang: “Puido comigo a fascinación polas imaxes e a tentación de poder facer con elas o que quixese”
Após un éxito que non imaxinaba cando atopou anos de filmacións caseiras entre as pertenzas do seu avó, a directora Nuria Giménez Lorang visita Pontevedra no marco do Festival Novos Cinemas, onde quedo con ela para falar sobre a súa primeira longametraxe, a recentemente estreada My Mexican Bretzel (2020), e o seu proceso de creación. De onde xorde a necesidade de manipular as imaxes das bobinas que atopa após o pasamento do seu avó? Xa de por si, a bobina como obxecto... Ler máis
EMA, de Pablo Larraín
Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema (Mariana Di Girolamo) e Gastón (Gael García Bernal). A parella de bailarina e coreógrafo que forman... Ler máis
EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron
Fáiseme imposible falar de Eroski Paraíso, a película, sen tocar o persoal. Así que isto, máis que unha crítica, é un comentario que nace do íntimo. Do interior cara o exterior. De forma transparente como se nos conta o filme: deixando ver o esqueleto. Eroski Paraíso (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía de teatro Chévere, recrea o escenario e o proceso de rodaxe da película que Alex (Cris Iglesias) quere facer sobre... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2019: LAURA HUERTAS MILLÁN: MULLER, NATIVA, OUTRO
No capítulo III do seu coñecido ensaio Woman, Native, Other: Writing Postcoloniality and Feminism (1989), Trinh T. Minh-ha trataba de reflexionar, a través do estudo da súa tradición oral -familiar, individual e cultural-, sobre como a antropoloxía é a base sobre a que a ideoloxía masculina occidental crea discursos hexemónicos. Para combatela, cuestionando as súas representacións e ofrecendo alternativas, comezara a súa práctica cinematográfica. Nesta liña crítica,... Ler máis
CHUVA É CANTORIA NA ALDEIA DOS MORTOS, de João Salaviza e Renée Nader Messora
Realidade e ficción na aldea de Pedra Branca Chuva é cantoria na aldeia dos mortos comeza co encontro á luz da lúa, diante unha fervenza no corazón do bosque, de Ihjãc coa sombra do seu pai morto, que dispara a ficción: «“Ihjãc, podes verme?”, “Non, pero podo escoitarte”, “Estaste a esquecer do meu banquete funerario. Levo un tempo deambulando só por aquí, no frío da noite. Date présa en celebralo. Só así poderei partir cara á miña aldea [dos mortos]”». Coma... Ler máis
TEEN SPIRIT, de Max Minghella
O actor Max Minghella, coñecido especialmente pola súa interpretación de Divya Narendra en The Social Network (David Fincher, 2010) ou de Nick Blaine en The Handmaid´s Tale (Bruce Miller, 2017), atreveuse esta vez coa dirección. O británico púxose detrás da cámara, seguindo os pasos do seu pai Anthony Minghella, para realizar este filme escrito por el que ten lugar na Illa de Wight, a máis grande de Inglaterra onde, precisamente, naceu o seu proxenitor. Teen Spirit presenta... Ler máis
SPAGHETTIS À LA BOLOGNAISE
A interacción dos personaxes coa comida ocupa un rol bastante visible e importante durante o desenvolvemento da película La Vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013). Este videoensaio tenta seguir este fío condutor, marcado sobre todo polos espaguetis e as ostras, para explorar o mundo interior da protagonista Adèle. Os espaguetis boloñesa era a comida que a nai de Adèle mellor dominaba e reunía a familia á hora da cea. Con todo, durante este momento de reunión... Ler máis