Il sol dell’avvenire, de Nanni Moretti
Cando pensaba en como abrir este texto só me viñan á cabeza as críticas que levo vendo varios días circular por redes. Todas coincidían en que o último filme de Nanni Moretti, Il sol dell’avvenire (2023), era das mellores cousas deste ano. Eu, que sempre fun de meterme onde non me chaman, igual que Nanni interrompendo a rodaxe de Giuseppe, veño dicir algo que non lle lin aínda a ninguén: o último filme de Moretti é un pouco frouxo e imperfecto. E sabedes que é o... Ler máis
ADIEU AU LANGAGE, de Jean-Luc Godard
A era da comunicación non garante o contacto. David Refoyo, Amor.txt. Non vemos máis que imaxes por todas partes, mais non ves unha soa imaxe que che fale. Jean-Luc Godard O animal estaría en última estancia privado da palabra, desa palabra que se denomina nome. Jacques Derrida. A utopía da linguaxe paratáctico Quizais xa ninguén se lembre, mais en Film Socialisme (Jean-Luc Godard, 2010), “ese filme que tentaba liberar as cousas do nome que lles puxemos”, xa estaban... Ler máis
CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES
Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis
HOLLYWOOD TRAUMATIZADO: OS HEROES Á CAZA DO TERRORISTA
“Hai neste frenesí unha dimensión barroca que recorda que todos os filmes do autor son melodramas atormentados polo baleiro e a cuestión da perda ou a desaparición”. Alguén adiviña a que autor se está a referir Vincent Malausa? Pista. Isto saíu nos Cahiers du Cinéma do pasado xuño, e refírese á grande superprodución do verán… Aínda non? Ben, imos avanzar na crítica: “xa non se trata de buscar a emoción ou o clímax a toda costa, senón de cuestionar... Ler máis