TOIVON TUOLLA PUOLEN, de Aki Kaurismäki

Ler esta crítica na súa versión orixinal en portugués É refrescante voltar de cando en vez ao cinema de Aki Kaurismäki. O seu mundo, atravesado por unha estética retro (mais sen o pastiche posmoderno ao que asociamos agora esa palabra), ancórase na vontade e na necesidade de dirixir o noso ollar naquilo que nos fai humanos. Ese lado humanista –que o cinema clásico converteu nunha postura política– fai do realizador finés unha caste de illa no medio da confusión... Ler máis

白日焰火 (BLACK COAL, THIN ICE), de Diao Yinan

Logo de completar un extenso percorrido polos festivais de medio mundo -incluindo Tribeca, Busán, Karlovy Vary, Vancouver ou Londres- e de ser a vencedora indiscutíbel da edición máis recente da Berlinale -coa obtención do Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata para o seu actor principal- 白日焰火 (Black Coal, Thin Ice, Diao Yinan, 2014) chega agora ás pantallas estatais cunha inmediatez que adoita ser inusitada para o mercado asiático de autor no noso país.... Ler máis

THE GRAND BUDAPEST HOTEL, de Wes Anderson

En Youtube é sinxelísimo atopar multitude de parodias do cinema de Wes Anderson. Hai algunhas moi logradas, coma o falso tráiler que postula en plan what if como sería o reboot da saga fílmica de Spider-Man se Anderson estivese detrás, ou o sketch do Saturday Night Live que presenta “A camarilla de sinistros intrusos a medianoite”, o primeiro slasher film andersoniano. Cría un estilo e bótate a durmir: con sete longas ás súas costas, ao bo do Wes pasáralle un pouco... Ler máis

GLORIA, de Sebastián Lelio

“Gloria, Gloria, campo de sonrisas, Gloria, agua en el desierto, Gloria, corazón abierto…” Con esta canción do italiano Umberto Tozzi remata a historia ‘de amor’ do cineasta Sebastián Lelio sobre Gloria, unha muller chilena de 58 anos, separada dende hai máis dunha década, con dous fillos adultos e un traballo mortalmente aborrecido nunha oficina. Así, nunha primeira ollada, todo semella normal: unha muller madura, cabal e corrente. Mais, que é o que... Ler máis

TABU, de Miguel Gomes

O ano cinematográfico de 2012 ficará para sempre marcado por un crocodilo melancólico, ambiguo –por veces inofensivo, outras veces mortal– e testemuña de casos amorosos imposíbeis e tráxicos. Tabu, de Miguel Gomes, comezou 2012 cunha estrea favorábel en Berlín, conquistando o prestixiado premio FIPRESCI e o premio Alfred Bauer. No discurso de aceptación deste segundo premio, Gomes ironizou sobre o feito de gañar o premio ao filme máis innovador do certame cun traballo... Ler máis

OS FESTIVAIS FRONTE A REVOLUCIÓN DO NOVO PÚBLICO

Cineuropa analiza no seu 25º aniversario os desafíos das mostras ante un “cambio de paradigma” provocado pola transformación da difusión do cinema, a madurez cinematográfica dos espectadores e a crise económica. “Para que ten que servir un festival? Para ver boas películas, si. Pero hoxe en día, para ver boas películas, hai moitas maneiras. Agora, hai moitísimos cinéfilos ben formados e informados con acceso case inmediato a calquera filme. Os festivais non poden... Ler máis