CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas
Xa que no mundo real nunca sucedeu, imaxinemos que nun universo paralelo houbo un produtor/mecenas que reuniu no mesmo cuarto a dous cineastas moi distintos e lles propuxo rodar un filme a partir dunha mesma idea que cada un debería levar ao seu terreo: unha estrela cinematográfica decide afrontar a súa crise de mediana idade implicándose nun proxecto teatral que lle afectará persoalmente e fará que cuestione o seu talento, traxectoria e lugar no mundo. Esta brevísima... Ler máis
MAPS TO THE STARS, de David Cronenberg
Estrelas a contraluz O inclasificábel John Waters declarou hai pouco que Maps to the Stars (David Cronenberg, 2014) se convertera no seu filme favorito do ano pasado: “amo este filme máis do que amo ao meu propio bigote”. Un pode pensar que se trata dunha obra innovadora, que o é, aínda que máis son as de Waters; escatolóxica, que tamén o é, aínda que máis son as de Waters; ou satírica, que tamén o é, aínda que máis son as de Waters. Daquela, que ten o último... Ler máis
FOXCATCHER, de Bennett Miller
Adestrando raposos É común que pasen pola carteleira filmes que se alzan como un punto de inflexión na filmografía dun cineasta mediocre até o momento ou dun actor de rexistros limitados. A listaxe de exemplos sería inacabábel. Máis difícil sería atopar obras que supuxesen unha considerábel mellora tanto para o seu director como para parte do elenco, todo á vez e Foxcatcher (Bennett Miller, 2014) entraría de cheo dentro dese pequeno inventario. O propio Bennett Miller... Ler máis
ADIEU AU LANGAGE, de Jean-Luc Godard
A era da comunicación non garante o contacto. David Refoyo, Amor.txt. Non vemos máis que imaxes por todas partes, mais non ves unha soa imaxe que che fale. Jean-Luc Godard O animal estaría en última estancia privado da palabra, desa palabra que se denomina nome. Jacques Derrida. A utopía da linguaxe paratáctico Quizais xa ninguén se lembre, mais en Film Socialisme (Jean-Luc Godard, 2010), “ese filme que tentaba liberar as cousas do nome que lles puxemos”, xa estaban... Ler máis
JAUJA, de Lisandro Alonso
Un hombre en el desierto es alguien buscando algo; un sintiente en busca de sentido. Vicente Luis Mora [1] O inconsciente do tempo Podemos definir o cinema de Lisandro Alonso como ‘mostrativo’. Ao cineasta arxentino non lle interesa contar unha historia, chégalle con observar as accións, os comportamentos e os movementos dos corpos dos seus protagonistas a través da paisaxe e o espazo. Por iso é polo que os seus filmes están ateigados de personaxes solitarios... Ler máis
RELATOS SALVAJES, de Damián Szifrón
A última longametraxe do guionista e director Damián Szifrón é, en primeiro lugar, un magnífico divertimento, unha maquinaria perfectamente engraxada da que se goza moito máis se se sabe pouco ou nada da súa narración. Nunha época na que os trailers están deseñados para non deixar nada á imaxinación, o deste filme ten a rara habilidade de suxerir sen destripar ningunha das historias e sen desvelar ningún dos seus moitos gags humorísticos. Porén, se isto nos tempos... Ler máis