PATERSON, de Jim Jarmusch

Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos que forman o seu último filme coa mesma imaxe: un plano cenital do protagonista acordando na... Ler máis

TONI ERDMANN, de Maren Ade

  Na primeira secuencia de Alle anderen (Maren Ade, 2009), a trintaneira Gitti tentaba mellorar a súa relación cunha nena pequena dun xeito pouco usual: logo de instala a exteriorizar o seu suposto odio, e tras recibir un disparo ficticio, deixábase caer na piscina para culminar unha sobreactuada catarse. Aquel estraño inicio, preludio dunha obra irregular que diseccionaba os roles dunha parella en crise forxaba un estilo propio en medio da invocación rosselliniana,... Ler máis