PELO MALO, de Mariana Rondón

Ultimamente, as circunstancias xeopolíticas e as tendencias mediáticas ditan que toca falar de Venezuela, e non de Colombia. A pena é que se fala moito pero se di pouco; o debate fica en meras charabiscas e titulares sobre se a poboación non ten papel hixiénico ou se a Maduro se lle aparece un paxariño, mais sen chegar a analizar o chavismo e a súa herdanza en profundidade. E tamén amola que a maioría das opinións que consumamos sexan en realidade visións dende aquí... Ler máis

LA HERIDA, de Fernando Franco

As cousas son así: non hai comezo nin solución, estamos con Ana e sufrimos con Ana. Na primeira escena, o personaxe ten un ataque de ansiedade e o público debe ficar canda ela, malia que preferiríamos non estar alí, non compartir esa experiencia. Por sorte, La herida (Fernando Franco, 2013) non é un filme sádico: nunca ocorre nada extremo, ningún punto de inflexión, non hai crueldade, ao revés, hai case empatía cara a protagonista. Como ela, os espectadores quereríamos... Ler máis