Longa noite, de Eloy Enciso Cachafeiro
En Arraianos (2012), a segunda longa de Eloy Enciso tralo documental Pic-nic (2008), o autor sorprendeu ao poñer en boca dos seus intérpretes non profesionais –habitantes da aldea fronteiriza de A Raia– o texto literal da obra de Jenaro Marinhas del Valle, O bosque. Dita operación, en boa parte herdeira do traballo fílmico sobre bases literarias de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, non só apuntaba cara a reivindicación dos usos e modos propios daquel lugar concreto,... Ler máis
SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA
Fotografía: María Meseguer Como cada ano, o (S8) Mostra de Cinema Periférico dedica unha sesión ao cine experimental e de vangarda que se produce en Galicia. Obras de cineastas que non poden faltar en calquera historia do cine galego xustapóñense a outras de autoras novas, demostrando tanto a riqueza interxeracional que existe como, precisamente, a posibilidade desa substitución. Os programas de carácter nacional difícilmente están atravesados por algún concepto que... Ler máis
PUNTO DE VISTA 2018: SECCIÓN OFICIAL (2)
A continuación completamos a nosa crónica da Sección Oficial do Festival Punto de Vista 2018, que se celebrou en Pamplona entre os días 5 e 10 de marzo. A última edición do encontro navarro, cita obrigada para todos os amantes do cinema documental máis audaz e vangardista, estivo marcada pola renovación do seu equipo técnico e artístico. Na publicación anterior reseñamos algunhas das obras programadas este ano, que por primeira vez contou cunha maioría de directoras... Ler máis
MARGARIDA GIL: “CANDO REALIZO UN FILME TEÑO UNHA FORTE NOCIÓN VISUAL, UNHA ESPECIE DE INTUICIÓN VISUAL”
Ler este texto na súa versión orixinal en portugués. Margarida Gil (Covilhã, 1950) é unha cineasta portuguesa. Licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. O seu primeiro filme, Relação Fiel e Verdadeira (1989), estivo presente no Festival de Venecia, e Rosa Negra (1992) foi seleccionado para o Festival de Locarno. Mantense como colaboradora da RTP desde 1975, para a que xa asinou diversos documentais. En 2005 concedéuselle no... Ler máis
SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (2)
A sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla é un dos principais motivos que colocan a este certame como un dos máis enérxicos e audaces do panorama internacional. Nesta segunda (e última) parte da nosa crónica intentaremos conectar algúns dos filmes nos que percibimos certas similitudes conceptuais. En moitas das obras presentes este ano puidemos observar que o ‘cambio’, nas súas diversas manifestacións, adoita ser o motivo que desencadea a narrativa.... Ler máis
CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa
A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que propuña Pedro Costa. Algo debín sospeitar, iso si, cando vin que Lento morría non unha, senón dúas... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2016: DA AUTOINDULXENCIA (DOS PERSONAXES) Á AUTOESIXENCIA (DOS PROGRAMADORES)
A primeira edición dun festival é, nestes tempos de retalladas austeritarias, un acto de afouteza, e máis aínda se ese festival se constrúe a partir dun concepto forte e significativo, como acontece con Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. A idea dos seus programadores, Suso Novás e Ángel Santos, é tan sinxela como efectiva: crear un festival dedicado a aqueles cineastas que só teñen unha ou dúas longametraxes na súa traxectoria, dándolle... Ler máis
LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia
Unha constante actual en occidente é dar marcha atrás en materia de liberdade cidadá, como apuntan as protestas estudantís do pasado ano en México ou a aprobación da Lei Mordaza hai apenas uns meses en España. Porén, contra estas políticas da opresión e do medo, xorden movementos subterráneos que se moven por debaixo dun sistema corrupto e obsoleto á procura de novas vías de expresión. Ras e Calvin, os protagonistas de Los Hongos (Óscar Ruiz Navia, 2014), son dous... Ler máis
MANAKAMANA, de Stephanie Spray & Pacho Vélez
O templo de Manakamana, situado no distrito nepalí de Gorkha, no cume dunha montaña, está adicado á deusa hindú Bhagwati. Dende o século XVII existe a tradición de realizar unha peregrinación para que Bhagwati conceda os desexos das persoas que acoden aló (mana significa corazón e kamana desexo), unha tradición que pode incluír sacrificios animais de aves ou cabras. Até o cambio de século, o único xeito de acceder ao templo era un longo camiño que trepaba pola... Ler máis
PAULO ROCHA, O ETERNO APRENDIZ
Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Paulo Rocha, falecido en decembro de 2012 aos 77 anos, é un dos nomes máis importantes do cinema portugués das últimas décadas. A pesar das dificultades no acceso ao seu traballo —ningún dos seus filmes está aínda editado en DVD— Paulo Rocha é recoñecido en varios circuítos cinéfilos e críticos internacionais como autor dunha das máis importantes obras cinematográficas en lingua portuguesa, unha complexa... Ler máis