LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia
Unha constante actual en occidente é dar marcha atrás en materia de liberdade cidadá, como apuntan as protestas estudantís do pasado ano en México ou a aprobación da Lei Mordaza hai apenas uns meses en España. Porén, contra estas políticas da opresión e do medo, xorden movementos subterráneos que se moven por debaixo dun sistema corrupto e obsoleto á procura de novas vías de expresión. Ras e Calvin, os protagonistas de Los Hongos (Óscar Ruiz Navia, 2014), son dous... Ler máis
Número 20
Moitos grandes filmes tentan transmitir coas súas imaxes as sensacións asociadas a experiencias físicas ou psicolóxicas, funcionando así como mediadores entre o artificio do cinema e a realidade do público. Nos últimos anos, unha serie de títulos afondaron nesta tendencia ao propor diferentes variacións sobre a representación de traumas colectivos e individuais, históricos e psicolóxicos, moitas veces asociados con algunha doenza mental. Emporiso, dende A Cuarta Parede... Ler máis
Número 19
A Cuarta Parede comeza este novo ano cun repaso ao mellor do anterior a través das votacións dos nosos colaboradores. Como estas listaxes serven para ben pouco se non se acompañan dalgunha reflexión, imos adicar a nosa Panorámica a algunhas das tendencias que marcaron este 2013, partindo sempre dos filmes incluídos na nosa escolma. Ademais, revisaremos as críticas dos títulos mellor valorados, e publicaremos outras novas daqueles que se nos escaparon no momento da súa... Ler máis
ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque
POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos, vou onde me leve o vento”, escúsome mentres saqueo a neveira. Voar, voar, voar! O cinema de Andrés... Ler máis
KUBELKA: O CINEMA E A COCIÑA COMO FORMAS ARTÍSTICAS
Nas notas ao programa de Florentina Hubaldo, CTE, a nova película de Lav Diaz, Gertjan Zuilhof, un dos programadores do Festival de Róterdam e especialista no cinema do sueste asiático, contabilizaba en preto de cen horas as que o festival holandés ten dedicado ao cineasta filipino desde que en 2005 presentase Evolution of a Filipino Family. Zuilhof sumaba os dobres e triplos pases de cada película, aínda que, como quedaba claro no caso de Florentina Hubaldo, CTE, non tiña... Ler máis
A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND
“CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE” Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra de madurez: Play. Lonxe da polémica que o envolve, Östlund é un tipo tranquilo que rompe coa... Ler máis
RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE
“En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a única zona iluminada. Á miña esquerda, o corredor pérdese nunha estanza na que creo distinguir un... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 4: TODOS TEMOS UNHA HISTORIA QUE CONTAR
Un neno de once anos acompaña ao seu pai a recadar o diñeiro das súas máquinas comecartos en Barcelona. Entre bares, dentro dunha desas míticas Renault Express, o pai coméntalle ao fillo o seguinte: “Se me tivese que mudar a un país moi afastado, virías comigo?”. Así sucede que a familia remata vivindo no outro lado do charco, onde o noso protagonista se enfronta a unha adolescencia chea de complicacións, ten o seu primeiro amor, e, xa adulto, regresa ao seu país... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI
Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 2: FUCK FACEBOOK, FUCK AMERICA, THIS IS SERBIA!
O bo de comezar o día cun filme explícita é que coa perspectiva que dá a noite, logo de oito horas de visionados e unha cea nun chinés, es quen de afastar da túa mente a primeira impresión e ver as cousas con frialdade. E así, relaxándome da trasfega audiovisual cun té verde, aventúrome a escribir as miñas primeiras liñas sobre cinema dende Róterdam, e con amor. Clip podería definirse como a adolescencia vista a través do móbil dunha rapaza inqueda e con moita... Ler máis