PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’

Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista do título gañador da competición do Play-Doc 2019: Humberto Mauro (André di Mauro, 2018), un filme... Ler máis

PLAY-DOC 2018: UN ANO BIPOLAR

A decisión do xurado de distinguir, ex aequo, os filmes The Waldheim Waltz (Ruth Beckermann, 2018) e Lamaland (Teil I) (Pablo Sigg, 2018) espertou máis dun comentario retranqueiro entre o público que seguía, copa en man, a solemne entrega de premios da última edición de Play-Doc. Houbo quen opinou que, postos a repartir, ben podía ser un premio ex aequo entre os cinco filmes a concurso. Tamén houbo quen fantaseou coa posibilidade de que os gañadores partisen a pedra... Ler máis

DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA

Dominic Gagnon paséase coas súas gafas escuras polo café do Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Viu presentar os seus filmes como parte dunha retrospectiva que inclúe tamén unha carte blanche. O canadense semella un rockeiro, malia que isto é xa unha percepción persoal. O seu labor é case arqueolóxico. A súa busca consiste na acumulación de material atopado en internet, posteado por ‘neo-cineastas civís’, se adaptamos eiquí a Pasolini, para... Ler máis

OF THE NORTH, de Dominic Gagnon

Novos Camiños para o Documental Etnográfico of the North, escrita coa primeira vogal en minúscula, como é expreso desexo do seu autor, aparece como un título mutilado por necesidade. Xa transcorreron 93 anos dende que Robert J. Flaherty emprendeu aquela viaxe épica partindo de Toronto cara os confíns do Círculo Polar Ártico para retratar a primitiva loita diaria contra os elementos de Nanook of the North (1922). As súas imaxes, unha vez convertidas en emblema e parte... Ler máis

RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’

Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía que aparece en castelán adicada a este cineasta; mentres que doutra, serve para pór aos cinéfilos... Ler máis

‘APPROACHING THE ELEPHANT’ E O DIRECT CINEMA

Cando un entra nunha sala de cinema para ver un filme sobre unha Escola Libre en New Jersey dunha autora norteamericana novel que traballou na produtora fundada polos irmáns Maysles agarda atopar un retrato próximo e revelador no que os protagonistas amosen as súas experiencias, cunha proposta formal que se achegue moito ao estilo de cinema directo dos irmáns Maysles, mais… en que medida Approaching the Elephant (Amanda Rose Wilder, 2014) segue os preceptos do cinema... Ler máis

PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO

Hai uns meses fixen un curso práctico de Super 8, máis pola nostalxia que pola súa utilidade práctica, malia que considero que o formato aínda dá moito xogo. Na miña casa nunca tivemos cámara, e sempre ollei con envexa os filmes caseiros dos demais, fascinada polas imaxes, o son do proxector e a experiencia mesma do visionado. De feito, os que me rodean non entendían moi ben a que viña isto de facer un obradoiro de Super 8 agora, que o HD está o alcance de tod@s, e... Ler máis