Novos Cinemas 2024: As horas ficticias
No Sleep Till, de Alexandra Simpson Ao fío da madrugada aparece entre as nubes unha lúa grande e redonda, e os obxectos do meu cuarto van emerxendo da penumbra na que adormentaban. Parece xusto que o festival acabe así: cun baile de sombras e luces sobre paredes brancas, e o insomnio polo medio. Non quero ler nin ver wésterns dobrados na tele, así que poño o abrigo, as luvas, a bufanda; agarro un cartón de Deleite A2A2 do minibar, e saio outra vez á noite pontevedresa. Non... Ler máis
Curtocircuíto 2023: Sección Cosmos
Nazarbazi, de Maryam Takafori A vixésima edición de Curtocircuíto (3 – 8 de outubro) trouxo consigo algúns cambios na división do programa das seccións oficiais, nun intento de achegarnos as pezas proxectadas eliminando as fronteiras entre elas, coa decisión de unificar as antigas Explora, Radar e Penínsulas nunha nova sección oficial denominada Cosmos. Esta decisión non só se ve reflectida na pluralidade estilística e temática das obras, senón que facilitou a... Ler máis
Curtas Vila do Conde 2023: Camiños da ficción
Natureza humana, de Mónica Lima (2023) “A procura leva implícita a forma da esperanza (…) e a esperanza inclúe, en si mesma, o dinamismo da procura.” Leo estas palabras do filósofo catalán Josep Maria Esquirol no tren de volta a Porto tras uns días no Curtas Vila do Conde, que este ano celebrou a súa 31.ª edición, e paréceme recoñecer nelas unha síntese do que supón un festival destas características. Poderiamos dicir que a curtametraxe é un formato que privilexia... Ler máis
Número 48
Como cada ano, a industria cinematográfica mundial asiste á súa cita ineludible na Croissette, acaparando o foco mediático e marcando a axenda do sector. Máis aló das queixas e polémicas recorrentes, tanto as referentes á programación como ás trabas técnicas ás que deben enfrontarse os asistentes na realidade pospandémica, o certo é que o Festival de Cannes segue sendo o encontro máis influínte e polarizante do mundo do cinema. Ante o seu innegable impacto prescritivo,... Ler máis
SEFF 2022 (IV): Cara a outra historia do cinema europeo
Tri (Aleksandar Petrović, 1965) O Festival de Sevilla presentou por segundo ano consecutivo a sección ‘Hacia otra historia del cine europeo’, cunha presenza de oito películas. Ademais, redobrou a súa aposta polo cinema de patrimonio coa organización dun encontro entre programadores de filmotecas e festivais, para analizar as relacións entre ambas institucións en torno á inclusión de títulos restaurados nos seus programas. A idea é resaltar fitas que non... Ler máis
SEFF 2022 (III): Lav Diaz, Plan 75 e Aftersun
When the Waves are Gone (Lav Diaz, 2022) Un Lav Diaz en forma sempre resulta estimulante. When the Waves are Gone (2022), presentada no pasado Festival de Sevilla, seguramente sexa a súa mellor película en anos. Con ese particular branco e negro granulado, o filipino xoga cos tópicos do xénero noir para destruílo. O mellor detective de Manila está tan ocupado co traballo que a súa muller acaba por buscarse outro home, ante o que non reacciona con demasiada temperanza. Agredindo... Ler máis
Locarno 2022: A memoria do cinema
There’s Always Tomorrow (Douglas Sirk, 1955) 1957. Á beira do lago Maggiore, un evento cinematográfico que comeza a tomar forma e a recoñecerse alén das fronteiras do Ticino celebra a súa décima edición —fundouse en 1947, mais non tivo lugar nin en 1951 nin en 1956—. Aos mandos da programación está Vinicio Beretta, director artístico do momento, o segundo na historia deste certame. O festival en cuestión chámase Locarno. Beretta vai tomar unha decisión que... Ler máis
Locarno 2022: Modulacións do real
Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022) As cámaras captan en esencia a vida, mesmo coas tramas máis fantasiosas. Poderiamos así afirmar que o cinema do real é un dos máis puros que existen. A 75ª edición do Festival de Locarno deunos bos exemplos. O premio do xurado ecuménico recaeu en Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022), un galardón que sabe a pouco para un filme tan excelso, pero que ten bastante... Ler máis
Locarno 2022: Non é certame para vellos
Stella est amoureuse (Sylvie Verheyde, 2022) Permítaseme iniciar esta crónica cunha confesión: creo que non hai xénero máis numeroso e habitualmente mediocre nos festivais de cinema que as historias coming of age. Por algún motivo, lexións de cineastas cren que contar o que lles pasou na adolescencia debe interesar á cinefilia mundial, como se fosen as únicas persoas que pasaron por desamores, descubriron o sexo a esa idade, tomaron conciencia política e tutti quanti.... Ler máis
Locarno 2022: Un xénero en si mesmo
Piazza Grande de Locarno “Non creo necesariamente na división entre o cinema de xénero e o de autor”. Son palabras do director artístico do Festival de Locarno, Giona A. Nazzaro, en conversa con Geoffrey Macnab para o número de agosto de 2022 de Screen International. Excusiato non petita, que se adoita dicir por aquí. O pasado ano, na primeira edición que el capitaneaba, o comentario máis estendido foi que á beira do Lago Maggiore se instalara unha sorte de Sitges... Ler máis