FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #6
Platónico, platónica, de Xacio Baño Que é o amor? A última sesión do festival comeza con esta pregunta dirixida a unha intelixencia artificial. No corazón de Platónico, platónica (Xacio Baño, 2024) está a tese de que “a nosa relación coa creación de imaxes parte do amor”, e este é o vínculo que o filme explora a través de distintos formatos en apenas dez minutos de metraxe. Cales son, entón, as imaxes do amor que xera a IA cando a voz en off do filme (tamén... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #5
Aunque es de noche, de Guillermo García No mesmo centro da España peninsular atópase A Cañada, o asentamento irregular máis grande de Europa. Aí é onde comezamos esta poliédrica sesión con Aunque es de noche (Guillermo García López, 2023), que segue as andanzas de Toni, un adolescente da Cañada, e o seu amigo Nasser, que está a piques de marchar a Francia. Planea sobre a historia unha lenda contada pola avoa de Toni unha noite ao carón do lume (a zona non conta con... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #4
Habitar, de Anxos Fazáns Os primeiros minutos de Habitar (Anxos Fazáns, 2023) introdúcennos nun mundo de texturas. Filmados en planos tan pechados que apenas distinguimos os seus contornos, desfilan pola pantalla gatos, peles, videoxogos, mentres unhas voces comezan a falar. Pola banda do sonoro, o ton é recoñecible: entrevistas de carácter documental, cos seus ritmos, a súas pausas, as voces que van intercalándose, debullando ideas e experiencias. Con todo, os rostros... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #3
Frialdad, de Andrea Sánchez A historia do cinema é un dialogo constante entre tempos. Escenifícao así Frialdad (Andrea Sánchez, 2023), que recupera fragmentos dun filme esquecido, El espectro de Justine (1986), para medrar ao seu redor. O filme en cuestión —unha cinta de terror de serie B sobre unha actriz posuída polo seu personaxe, escrita por Rosa Mari Sorribes e dirixida por Jordi Gigó— foi a primeira coprodución andorrana e nunca chegou a estrearse. Dalgunha... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #2
El Soldao, de Alejandro Cabrera ‘A todos aqueles lugares onde os tempos se mesturan e todo ocorre simultaneamente’. Esta é a dedicatoria que pode lerse nos créditos finais de El Soldao (Alejandro Cabrera, 2023), e que condensa nunhas poucas palabras a natureza deste filme. Nel, Francisco volve á casa familiar en Villanueva del Duque, Andalucía, baleira tras a morte da súa nai, e os recordos afloran. Esta mestura de tempos atopa a súa expresión audiovisual a través... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #1
O frío, de Pablo Dopazo Ao primeiro filme da primeira sesión correspóndelle ser a porta de entrada a unha nova edición do festival e, neste caso, é O frío (Pablo Dopazo, 2024), unha pequena produción galega que nos convida a afondar nos múltiples camiños deste decimo sétimo FICBUEU. Os planos iniciais establecen o ton do filme: vemos o interior mal iluminado dun almacén por onde Chema, un home dunha certa idade, transporta caixas cheas de xeo e peixe. É nesa penumbra... Ler máis