As etiquetas do cine tamén van e veñen

Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis

Número 45

O día 4 de febreiro de 2011, na cidade da Coruña, presentábase oficialmente A Cuarta Parede, a primeira revista dixital de crítica cinematográfica en galego. Un proxecto que nacía coa vocación clara de abrir un espazo para a reflexión cinematográfica na nosa lingua, prestando especial interese a ese cinema que moitas veces se atopa nas marxes. O obxectivo da revista nunca foi competir pola instantaneidade, polo volume das publicacións ou o número de visitas, senón... Ler máis

A Cuarta Parede en Filmin

 Este mes celebramos o décimo aniversario da fundación de A Cuarta Parede, a primeira revista de crítica cinematográfica en galego. Ao longo destes dez anos, foron moitas as películas e cineastas que pasaron pola revista, deixando un arquivo de textos onde se deu conta da actualidade do cinema galego a medida que ía sucedendo. Dentro das celebracións desta efeméride, A Cuarta Parede comisionou unha colección de películas na plataforma Filmin, baixo o título: “10... Ler máis

Número 40

Nos seus 40 números, A Cuarta Parede sempre se achegou ao cinema coa ollada aberta a todo tipo de novas situacións que o contexto nos brindase. Emporiso, este número 40 está ilustrado coa imaxe do capítulo (ou filme) Bandersnatch (Charlie Brooker, 2018), que forma parte do universo Black Mirror. Un filme do que Víctor Navarro Remesal dá conta neste artigo a propósito das múltiples posibilidades de análise que ofrece este novo produto do xigante Netflix. Tamén sobre... Ler máis

CINEMA EUROPEO NAS PLATAFORMAS DIXITAIS. O TEMIDO 30% DA COMISIÓN EUROPEA

A sala de cinema NUMAX O pasado mes de abril a Comisión Europea sorprendía cun comunicado de prensa no que se falaba de grandes avances nas negociacións de cara a contar cunhas normas máis equitativas e modernas nos servizos de comunicación audiovisual. Os xefes de Europa debatían sobre estes contidos e planeaban medidas lexislativas varias que pretendían, principalmente: o reforzo do principio do país de orixe; a mellora na protección dos menores contra os contidos nocivos;... Ler máis

PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN (III)

Continuamos co debate a cinco bandas establecido cos responsables de Filmin (Jaume Ripoll), Márgenes (Diego Rodríguez), Filmotech (Juan Alía) e Play-Doc TV (Ángel Sánchez). Dividimos o artigo, moi longo, en tres partes, para facilitar a súa lectura. Aquí a primeira e a segunda. Jaume Ripoll: "As películas de festivais están dispoñibles (...) pero como levamos ao espectador ata elas? (...) Como escapar da síndrome da home page?" Gustaríanos centrarnos agora... Ler máis

PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN (II)

Continuamos co debate a cinco bandas establecido cos responsables de Filmin (Jaume Ripoll), Márgenes (Diego Rodríguez), Filmotech (Juan Alía) e Play-Doc TV (Ángel Sánchez). Dividimos o artigo, moi longo, en tres partes, para facilitar a súa lectura. Aquí a primeira. Discutamos as políticas de prezos, promocións, e outras estratexias para atraer aos usuarios das plataformas. Debemos tratar loxicamente o tema da pirataría. Seguramente unha lexislación que regule mellor... Ler máis

PLATAFORMAS VOD: ESTADO DA CUESTIÓN

Seguindo o modelo dos nosos anteriores debates sobre o estado da crítica e os festivais, saímos agora preguntar a varios responsables de plataformas de vídeo baixo demanda como ven o patio, nun sector aínda por definir, con moitas incógnitas, pero polo que pasa sen dúbida boa parte do futuro da exhibición cinematográfica. Eles son Jaume Ripoll, de Filmin; Diego Rodríguez, de Márgenes; Juan Alía, de Filmotech; e Ángel Sánchez, de Play-doc TV. As súas propostas, moi... Ler máis