FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras

Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas dos mortos cruzaban na barca de Caronte. As resonancias do mito operan sobre a base da cotiandade... Ler máis

INTERSECCIÓN 2019: J. P. SNIADECKI, INTERIORIZANDO O REAL. O FILME DESDE A EMPATÍA

J.P. Sniadecki, é un cineasta e antropólogo que traballa entre China e os Estados Unidos, filmando con enorme sutileza e contundencia situacións políticas, económicas, sociais e humanas tremendamente complexas, producindo sempre obras de gran sensibilidade estética. A narratividade das súas películas constrúese a partir dunha documentación que posúe a riqueza e a ambigüidade da testemuña humano, filtrada a través da mirada do director, cuxa implicación emocional,... Ler máis

INTERSECCION 2018: SOBRE FRONTEIRAS E DIVERSIDADES. A IMAXE AUDIOVISUAL EN GALICIA ALÉN DO CINEMA

Fotografía: Andrea Rodríguez López Nos últimos tempos, falar de audiovisual é facelo desde unha perspectiva híbrida, expandindo a mirada alén de terminoloxías ou fronteiras técnicas para abrazar a súa substancia desde a intersección, desde o camiño fronteirizo. Ao longo da historia aprendemos que na arte non existen as rupturas limpas ou as delimitacións. Comprendemos a súa permeabilidade e asumimos que as agrupacións en movementos, períodos ou categorías favorecen... Ler máis