ANDREA JAURRIETA: “TÓDOLOS MEUS FILMES TRATAN SOBRE A FUXIDA”

Andrea Jaurrieta (Iruñea, 1986) vén de estrear a súa primeira longametraxe, Ana de día. Este filme, protagonizado por Ingrid García-Jonsson, conta a historia dunha moza que un día descobre que ten unha dobre idéntica a ela que está a vivir a súa vida, ocupando o seu lugar. En troques de facer algo respecto diso, o personaxe aproveita para fuxir e espremer a súa liberdade. Jaurrieta estudou dirección cinematográfica na ESCAC e arte dramática no Laboratorio William... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2018: CORPOS ENTRE A FUGA E A ESPERA

Fotografía: Aigi Boga Sempre pensei que un festival de cinema debería funcionar como un preciso instrumento de detección. Un sismógrafo, quizais un sónar, preparado para detectar aquelas obras que levan no seu interior as cuestións sociais do seu tempo. Nese sentido, a edición de 2018 de Curtocircuíto aproxímase a este ideal, pois o seu equipo soubo converter a súa sección RADAR nun espazo para filmes que destilan un sutil malestar, unha sensación de insatisfacción... Ler máis

PAULO ROCHA, O ETERNO APRENDIZ

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Paulo Rocha, falecido en decembro de 2012 aos 77 anos, é un dos nomes máis importantes do cinema portugués das últimas décadas. A pesar das dificultades no acceso ao seu traballo —ningún dos seus filmes está aínda editado en DVD— Paulo Rocha é recoñecido en varios circuítos cinéfilos e críticos internacionais como autor dunha das máis importantes obras cinematográficas en lingua portuguesa, unha complexa... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis