O canon: un espellismo de normatividade

Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. A composición dunha sociedade consta de múltiples elementos que operan entre si para resultar nunha estrutura sistémica evolutiva. Dentro destes elementos atópanse: o contexto histórico, a educación, a cultura, a arte, a ciencia, os aspectos demográficos e, desde logo, a tecnoloxía, entre... Ler máis

A media voz, de Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández

Contan Heidi Hassan e Patricia Pérez que de cativas querían ser oceanógrafas. Quizais por esa primeira vocación a auga ten unha presenza recorrente no seu último traballo, A Media Voz, un documental cun fondo carácter intimista e autoral, con ecos de referentes explícitos como Agnès Varda, no que a través da súa historia persoal van tecendo un relato sobre os afectos, os soños frustrados, o desarraigo, a soidade e, por suposto, o cinema. Elas, cubanas na fronteira... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis