FICX 2021: Novo mundo
Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade— moitos dos títulos da programación tomaron como tarefa lembrarnos que o mundo xa non é o que acostumaba.... Ler máis
BLACK SWAN, de Darren Aronofsky
ESPELLIÑO, ESPELLIÑO… QUEN É A MELLOR BAILARINA DO REINO? Creo que a estas alturas da película, e perdóenme por caer en tan manida frase feita, ninguén pode negar que Darren Arofnosky sexa un verdadeiro autor cinematográfico. Con tan só cinco longametraxes no seu haber, o director de (a reivindicable) The Fountain (2006) conseguiu dar corpo a un estilo totalmente recoñecible e identificable na gran pantalla; baseado, en grande parte, no exceso visual, na grandilocuencia,... Ler máis