CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)
O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis
LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA
O cinema da escocesa Lynne Ramsay ten a determinación de deixar que as imaxes falen por si soas. Existe a miúdo un aire de realismo máxico na súa obra; un realismo no que as imaxes, estrañas e incómodas pero tamén poéticas, significan as sombrías historias dunhas personaxes que se enfrontan ás consecuencias da incomunicación e da violencia. A pesar de que a maioría das súas películas son adaptacións a partir de novelas ou relatos literarios, o seu cinema estrutúrase... Ler máis
CANNES 2018 EP. 8: CHEWBACCA VISTE DE GALA NUNHA BOA XORNADA PARA O CINEMA DE XÉNERO
Erguémonos esta mañá cunha boa dose de cinema de xénero da man de David Robert Mitchell, o autor de It Follows (2014), que presentou na Croisette Under the Silver Lake (2018). Filme de claro aire cool e coa vontade de sorprender, preséntanos un mozo obsesionado coa cultura pop que vive nun bloque de apartamentos en Los Angeles e que semella pasar os seus días inmerso nas distintas doses desa cultura que consume ávido e espiando ás veciñas cuns prismáticos dende a súa... Ler máis
SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (1)
Un ano máis, o Festival de Cine Europeo de Sevilla propuxo na súa sección oficial unha selección das películas europeas que marcan a tempada. A Fábrica de Nada (Pedro Pinho, 2017), aquí Giraldillo de Oro, sorprendeu na pasada edición de Cannes, sendo a película máis unanimemente eloxiada pola crítica na Quincena dos Realizadores. Dirixida de xeito cooperativo por Terratreme, produtora que adoita traballar con esta estrutura, o filme traslada a metodoloxía á súa diéxese.... Ler máis
CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL
O Teatro Municipal de Vila do Conde converteuse por uns días nunha enorme bola de cristal na que puidemos enxergar o pasado, o presente e o futuro do cinema portugués: nela vimos pezas que complementan traxectorias sólidas e lonxevas, como o autorretrato Où em êtes-vous, João Pedro Rodrigues (João Pedro Rodrigues, 2017), premiado como mellor filme da competición nacional; descubrimos tamén aos novos herdeiros de determinadas liñaxes egrexias, como Farpões Baldios (Marta... Ler máis
INDIELISBOA 2017: AS MÚLTIPLES VIDAS DOS TRABALLADORES, DOS OCIOSOS E DOS MARXINAIS
Os tempos da hibridación entre o documental e a ficción, así como o debate sobre os límites destes rexistros, fican definitivamente atrás. A deriva que tomou o cinema nos últimos anos convida a superar esta dicotomía e a abandonar as categorías ríxidas coas que antes se definían estilos e tendencias. Todo resulta agora máis complexo e, á vez, de súpeto, máis doado de encarar, como suxiren as dúas longametraxes vencedoras da competición internacional do último... Ler máis
CANNES DÍA 9: ALBERT SERRA E A AGONÍA DA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL
O enfant terrible do cinema español chegou ao noveno día a Cannes, e sorprendeu. Albert Serra presentou hoxe fóra de competición La mort de Louis XIV (2016), co mítico actor Jean-Pierre Léaud, que encarnara a Antoine Doinel nos filmes de François Truffaut, no papel protagonista. A elección deste tótem da interpretación en Francia para dar vida a un rei decrépito, postrado e moribundo non é casual. A morte de Luís XIV do catalán é a historia dunha agonía, pero... Ler máis
CANNES DÍA 5: AS FRONTEIRAS DO XÉNERO
Tiña que chegar, moita sorte tiveramos ata agora. O sistema de castas cannois deixounos sen ver os últimos traballos de Andrea Arnold e Jim Jarmusch, así que, queridas lectoras, hoxe a crónica vai ser curta, e non haberá comentarios da oficial. Agardamos poder recuperar estes filmes noutros pases, antes do termo do festival. Fóra de competición, o punto cómico púxoo The Nice Guys (Shane Black, 2016), un filme na liña das deconstrucións autoconscientes e paródicas... Ler máis
SOBRE O NEW TURKISH CINEMA
A recente transformación da sociedade turca baséase na loita entre varias forzas e intereses. O discurso e a práctica política de Turquía caracterízanse pola polarización, o antagonismo, a normalización da violencia e os nacionalismos étnicos (turcos e kurdos). Ao mesmo tempo este período foi testigo da proliferación de organizacións políticas en contra da militarización, os nacionalismos e contra tódolos tipos de discriminación. O goberno foi desafiado por novos... Ler máis
CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN
Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis