¡SHHHH!
Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis
PUNTO DE VISTA 2016: DA PALABRA E O XESTO
Xa comentamos o pasado ano que Punto de Vista segue a ser un festival de compromiso político, escorado cara terreos de carácter máis poético dende que Oskar Alegría tomou a dirección artística. Retrospectivas como a de Margaret Tait na anterior edición, ou a de Jean-Daniel Pollet nesta ocasión, evidencian esa querenza. Pero é na sección oficial onde se toma o pulso a un certame. Comprobamos que, neste caso, existe un profundo vínculo de espírito entre esta e as paralelas. O... Ler máis
‘POÉTICAS DEL GESTO EN EL CINE EUROPEO CONTEMPORÁNEO’
Hai tempo que unha parte importante do cinema máis avanzado mudou a palabra polo corpo como eixo do seu discurso, de xeito que moitos cineastas actuais non están tan interesados en filmar aos seus actores pronunciando os seus diálogos como en filmar a súa propia presenza física dentro do encadre: neste sentido, os actores son, ante todo, corpos en escena capaces de transmitir emocións e significados a través da súa xestualidade. O resultado deste novo paradigma é a aparición... Ler máis