¡SHHHH!
Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis
CRÍTICA E PROGRAMACIÓN EN FESTIVAIS
Ler a versión orixinal deste artigo en portugués Os dous elementos que caracterizan, de xeito máis determinante, a programación dun festival de cinema, independentemente da súa definición particular de xéneros ou duracións, refírense, ante todo, á temporalidade. Dunha banda, un festival establece unha relación directa cunha certa noción de contemporaneidade, que analizaremos deseguida. Doutra banda, un festival celébrase nun espazo curto de tempo, aínda que tamén... Ler máis