SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (1)

Un ano máis, o Festival de Cine Europeo de Sevilla propuxo na súa sección oficial unha selección das películas europeas que marcan a tempada. A Fábrica de Nada (Pedro Pinho, 2017), aquí Giraldillo de Oro, sorprendeu na pasada edición de Cannes, sendo a película máis unanimemente eloxiada pola crítica na Quincena dos Realizadores. Dirixida de xeito cooperativo por Terratreme, produtora que adoita traballar con esta estrutura, o filme traslada a metodoloxía á súa diéxese.... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis