THREE BILLBOARDS OUTSIDE EBBING, MISSOURI, de Martin McDonagh
Como se xestiona a ira? Con tan só tres películas na súa filmografía, o guionista, cineasta e dramaturgo Martin McDonagh leva recollidos -dende que presentara a súa oscarizada curtamretaxe Six Shooter en 2004- case cincuenta premios internacionais. A cifra crece de forma exponencial se nos centramos na listaxe de galardóns acumulados polo seu último filme, Tres anuncios en las afueras (Three Billboards Outside Ebbing, Missouri), o cal leva acumulados 116 recoñecementos... Ler máis
Roma, de Alfonso Cuarón
“Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos”. ― Jorge Luis Borges Máis aló das sempre limitadas listaxes e innumerables rankings que intentan debullar o “mellor do ano”, resulta evidente que algúns filmes marcan de xeito especial unha colleita cinematográfica. Cando atopamos unha desas cintas que logra acadar ao mesmo tempo o beneplácito case unánime da crítica especializada, o éxito en festivais internacionais... Ler máis
GET OUT, de Jordan Peele
No último episodio do seu programa de sketches, os comediantes Keegan-Michael Key e Jordan Peele viaxan á imaxinaria Negrotown, “unha utopía para xente negra” na que non hai racismo sistémico nin explotación. Negrotown, explica un alucinado número musical technicolor, é un sitio no que se pode levar un suadoiro sen recibir balazos, os brancos non che tocan o pelo, non rouban a túa cultura nin te converten no seu amigo negro simbólico. E de aí, dous anos despois,... Ler máis