PLAY-DOC 2018: UN ANO BIPOLAR

A decisión do xurado de distinguir, ex aequo, os filmes The Waldheim Waltz (Ruth Beckermann, 2018) e Lamaland (Teil I) (Pablo Sigg, 2018) espertou máis dun comentario retranqueiro entre o público que seguía, copa en man, a solemne entrega de premios da última edición de Play-Doc. Houbo quen opinou que, postos a repartir, ben podía ser un premio ex aequo entre os cinco filmes a concurso. Tamén houbo quen fantaseou coa posibilidade de que os gañadores partisen a pedra... Ler máis

GOING SOUTH: A MULLER NA ERA YOUTUBE

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 Dominic Gagnon logra con Going South (2018) que reflexionemos sobre a construción cultural do ser humano. A través dun extenso traballo de investigación das profundidades de Youtube presenta un universo a modo de puzzle no que teñen cabida todo tipo de formas de pensar. Gagnon sácanos da nosa zona de confort para amosarnos... Ler máis

GOING SOUTH, de Dominic Gagnon (I)

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 Non o queres ver (e non vas poder evitalo) O director canadense Dominic Gagnon quere facer unha crítica á sociedade de masas en Going South (2018), o seu ultimo filme: á globalización, ao uso da tecnoloxía como ferramenta para suplir as carencias emocionais dun mundo enfermo; unha crítica á estupidez humana en ultima... Ler máis

GOING SOUTH, de Dominic Gagnon (II)

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 Ojalá fuese solo cine Foi o que afirmou unha das poñentes do obradoiro de crítica feminista que decorreu carón da 14 edición do Play-Doc. Como se o cinema, ou a cultura en xeral, puidese, en algún caso, independizarse da diferenza sexual. Tampouco no caso de Going South (2018), a última película de Dominic Gagnon... Ler máis

DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA

Dominic Gagnon paséase coas súas gafas escuras polo café do Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Viu presentar os seus filmes como parte dunha retrospectiva que inclúe tamén unha carte blanche. O canadense semella un rockeiro, malia que isto é xa unha percepción persoal. O seu labor é case arqueolóxico. A súa busca consiste na acumulación de material atopado en internet, posteado por ‘neo-cineastas civís’, se adaptamos eiquí a Pasolini, para... Ler máis