Novos Cinemas 2023: Sección Oficial

The Bride, de Myriam U. Birara O peche do ciclo de festivais galegos sempre vai da man de Pontevedra e Novos Cinemas. Nesta edición 08, que se desenvolveu entre o 12 e o 17 de decembro, achegámonos ao Teatro Principal da cidade para seguir unha programación desafiante cos marcos da linguaxe e o encadre, premisa coa que tamén xogou a Sección Oficial. Se hai un fío condutor que atravesa os filmes desta edición, este é o valor social e a transcendencia do cotián nas relacións... Ler máis

NOVOS CINEMAS 03: SECCIÓN OFICIAL

Recolle Jonás Trueba unha frase de Mekas na que o director lituano recordaba que “o mal e a fealdade cóidanse sós; son o ben e a beleza os que precisan dos nosos coidados”. Sen dúbida esa debe ser a función dos festivais e a crítica de verdadeiro valor, protexer e servir de altofalante daquelas xemas que se escapan cada ano do noso limitado radar individual. Unha necesidade crucial en tempos de consumo rápido e múltiples propostas, que pon de manifesto o valor dos... Ler máis