MIA MADRE, de Nanni Moretti

Unha mirada cansa, unha vía intravenosa, a habitación dun hospital. Marguerita senta ao carón da súa nai. Despois de Habemus Papam (2011), unha sátira que circula ao redor dos funcionarios de Deus, Nanni Moretti deixa de lado o sarcasmo que caracteriza os seus filmes para tratar un tema autobiográfico e introspectivo, a enfermidade da súa propia nai. Mais o director italiano decide que será unha muller a que interprete o que él viviu uns anos atrás. Mia Madre retrata... Ler máis

HABEMUS PAPAM, de Nanni Moretti

SAÍR DE ESCENA Todo empeza como un mero chiste. Logo da celebración dos funerais na Praza de San Pedro polo (un) papa defunto, os cardeais reúnense en conclave para elixir o sucesor. Ouvimos os seus pensamentos (“por favor, que non sexa eu, que non sexa eu”), antes de que, por fin, logo de longas votacións, o elixido sexa o cardeal Melville (Michel Piccoli), un tapado ao que a elección semella coller por sorpresa. Os demais membros da curia parecen respirar aliviados,... Ler máis

ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?

“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis