MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”

Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis

LE PÈRE DE MES ENFANTS, de Mia Hansen-Løve

ELOXIO DUNHA CINEASTA DISCRETA ·  Actriz ás ordes de Olivier Assayas en Fin août, debut septembre (1998) e Les destinées sentimentales (2000), colaboradora dos Cahiers entre 2003 e 2005, a máis nova dos ‘novísimos’ do cinema francés, Mia Hansen-Løve -que coincidindo coa saída deste primeiro número de A Cuarta Parede celebra o seu trinta aniversario- conta xa con dúas longametraxes no seu haber como directora: Tout est pardonné (2007), premio Louis Delluc,... Ler máis