The Assistant, de Kitty Green

Dun xeito frío, case xeado, sobrio e austero, The Assistant presenta de xeito impecable e ata marabilloso unha historia tan real, angustiosa e de actualidade que é imposible non sentirse identificada con cada minuto de metraxe. Introducións no mundo laboral, inxenuidade, machismo, abusos, a cara oculta de Hollywood, o movemento MeToo… Nada se menciona, pero todo está absolutamente presente. Jane (Julia Garner) é unha moza recentemente graduada que aspira a convertese en... Ler máis

KIDLAT TAHIMIK: “SON UN CONTADOR DE HISTORIAS CON MOITAS IDEAS QUE QUERO CONTAR”

Fotografía: Tamara de la Fuente Kidlat Tahimik (Baguio, 1942), considerado o pai do cinema independente filipino, foi un dos grandes convidados do XV Festival Internacional de Cinema Play-Doc. O seu cinema, sempre cargado dunha forte crítica ao capitalismo e ao colonialismo, aproveita as ferramentas do humor para cambiar o mundo. O seu carácter, fai xustiza ao seu cinema. Mentres fala, intercala anécdotas e bromas nun discurso que se abanea entre o inglés e o castelán (as... Ler máis

MULLERES NO CINEMA: DO DEREITO Á MEDIOCRIDADE Á EMANCIPACIÓN FEMININA

Só un 19% dos filmes producidos en España son dirixidos por mulleres. En todos eles, só o 36% teñen protagonistas femininas. Disto tamén falan Noelia Álvarez e Nazaré Estévez no seu ensaio ‘Análise da representación da muller no cinema español da última década‘, gañador do Premio ao mellor Ensaio Escrito Internacional dos I Premios María Luz Morales de investigación audiovisual. O documento arroxa luz sobre a necesidade dun discurso de xénero na análise... Ler máis