ONCE UPON A TIME IN… HOLLYWOOD, de Quentin Tarantino
Modernidade sensorial É complicado facer a touro pasado un texto sobre unha película da que correron ríos de tinta no seu pase en Cannes en maio e máis tarde na súa estrea en territorio nacional. Tres visionados completos e moitísimas lecturas posibles sobre a cinta que me deixan a sensación de non ter conseguido nin rascar a superficie dunha obra tan inabarcable. Pregunto a compañeiros con criterio sobre desde onde abordarían a miña película favorita de 2019 e a que... Ler máis
HONG SANG-SOO: “ADORO A LIBERDADE DE QUE CADA TOMA SEXA DISTINTA”
Hong Sang-soo (Seúl, 1960) converteuse nos últimos vinte anos nun dos autores surcoreanos máis importantes do momento, e pode que o que máis teña influenciado os cineastas independentes de todo o mundo. Lonxe da estilización doutros coetáneos como Bong Joon-ho ou Park Chan-wook, o creador de Tale of Cinema (2005) caracterizouse máis ben por un estilo sobrio e por xoguetonas tramas que se constrúen na rodaxe, sen guión, ámbito onde a súa influencia máis se deixa notar.... Ler máis
ARRIVAL, de Denis Villeneuve
Despois de ducias de blockbusters protagonizados por policías, avogados ou médicos, profesións en teoría moito máis cinemáticas, chega a rara ocasión en que o colectivo que capitanea un dos filmes da tempada hollywoodiense é o de tradutores e filológos. Máis aló do moito que se viralizou no Galitwitter a secuencia da orixe do portugués, a priori calquera espectador con mínimas nocións de lingüística gozará cunha película cuxa premisa mestura a hipótese de Sapir-Whorf... Ler máis
EN BRANCO E NEGRO
Unha das vantaxes de traballares como programador é que che dá unha perspectiva sobre o presente cinematográfico distinta (e complementaria) á que terías como público ou crítico, posto que te empurra a deixar de centrarte na película como unidade de estudo para ollar o conxunto, observar as tendencias que subxacen na carteleira e así tratar de confeccionar ciclos a partir delas. Dese xeito, ao buscar nexos de unión potenciais entre as estreas máis interesantes da... Ler máis
SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO
Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis