EL HOTEL A ORILLAS DEL RÍO (강변 호텔, HONG SANG-SOO, 2018)
Contemplar cada novo filme de Hong Sang-soo supón mergullarse nun universo de profundas ramificacións que nos leva dunha película a outra, realizando conexións continuamente coas súas constantes temáticas e formais. É como de se fita a fita establecese unha sorte de rimas e a súa obra completa rematase por ser un grande poemario. Curioso logo que o seu último protagonista sexa un poeta que, sentindo a presenza dunha morte próxima dun xeito que non pode explicar racionalmente,... Ler máis
LAS PALMAS 2019: OUTRAS FORMAS DE NARRAR
A Portuguesa (Rita Azevedo Gomes, 2018) O Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, na súa decimo novena edición, fíxose valedor daquelas películas e cineastas que sen deixar de narrar buscan novas formas de facelo. Películas conscientes de que todo filme é representación -e poden reflexionar sobre iso- pero que non deixan de crer no poder e na importancia das imaxes. Máis ou menos, neste equilibrio entre o cinema narrativo e o experimental estiveron... Ler máis
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2018: SECCIÓN OFICIAL
Acaba de finalizar a segunda edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón con Alejandro Díaz Castaño e Tito Rodríguez á súa fronte, e queda patente o traballo pola consolidación deste novo proxecto que propón configurar un escenario que aúne cinema de autor e cinema de vangarda, con propostas máis populares (non por iso de menor calidade), de maneira que o festival ofreza opcións a diferentes públicos e sensibilidades. Dentro da idea desta heteroxénea mirada... Ler máis