O mellor de 2022

Un ano máis, dende A Cuarta Parede optamos por eludir as tradicionais listaxes e organizacións categóricas co máis destacado da tempada, que inevitablemente reducen a experiencia cultural a unha simple clasificación (cando non competición) de obras e autores. Por divertido e útil que poida resultar este exercicio, na revista decidimos consolidar o noso particular resumo anual, no que convidamos ás nosas colaboradoras a compartir todo aquilo que fixo destes doce meses algo... Ler máis

Locarno 2022: Modulacións do real

Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022) As cámaras captan en esencia a vida, mesmo coas tramas máis fantasiosas. Poderiamos así afirmar que o cinema do real é un dos máis puros que existen. A 75ª edición do Festival de Locarno deunos bos exemplos. O premio do xurado ecuménico recaeu en Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022), un galardón que sabe a pouco para un filme tan excelso, pero que ten bastante... Ler máis