FIRST LOVE, de Takashi Miike

NIHILISTA E AGUDAMENTE LIXEIRO MIIKE “O ser humano é unha comedia, (…) dáo todo por encaixar, ata o punto que parece ridículo”. Son palabras de Takashi Miike en reflexión sobre a súa obra na campaña de promoción do seu último filme de estrea en España, First Love (初恋, 2019), e, debemos dicir que, por unha vez, último filme en xeral. Non sabemos se é a idade ou a COVID-19, mais o nipón non sacou película en 2020, e tampouco ningunha máis o ano pasado.... Ler máis

SALOMÉ LAMAS: “ESCOLLO PROXECTOS SEGUNDO A CURIOSIDADE QUE ME PROVOCAN OS LUGARES”

Podes ler a entrevista completa, aquí. O Festival Intersección dedicou unha retrospectiva ao traballo da directora Salomé Lamas (1987, Lisboa). A súa obra expándese desde o cinema ata a performance, a instalación ou a escritura. É autora de películas como A Comunidade (2012), El Dorado (2016), ou o proxecto Extraction: The Raft of the Medusa, que comprende dúas películas, unha instalación e unha publicación realizada con Editora Estraperlo. Gústache o deseño e a... Ler máis

¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

Número 41

A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia, o máis importante é o timing, adoitase dicir; isto sábeo ben Álvaro Pérez-Dios, que analiza... Ler máis

KIDLAT TAHIMIK: “SON UN CONTADOR DE HISTORIAS CON MOITAS IDEAS QUE QUERO CONTAR”

Fotografía: Tamara de la Fuente Kidlat Tahimik (Baguio, 1942), considerado o pai do cinema independente filipino, foi un dos grandes convidados do XV Festival Internacional de Cinema Play-Doc. O seu cinema, sempre cargado dunha forte crítica ao capitalismo e ao colonialismo, aproveita as ferramentas do humor para cambiar o mundo. O seu carácter, fai xustiza ao seu cinema. Mentres fala, intercala anécdotas e bromas nun discurso que se abanea entre o inglés e o castelán (as... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS

O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis

CARLO PADIAL (2/2): “SE HAI UNHA PELI NA QUE POIDA SAÍR MIGUEL NOGUERA, PARA MIN É PERFECTO”

Continuamos a entrevista ao ía seguinte con Miguel Noguera. Recén chegado ao Festival, presenta xunto a Padial Taller Capuchoc dentro dunha sección do Festival de Cine Europeo de Sevilla adicada ao cine de contra-comedia máis arriscado. Noguera, máis coñecido polos seus libros, Hervir un oso ou Ultraviolencia, afronta nesta película unha das súas poucas incursións no cine. Considerades que facedes un tipo de humor marxinal, destinado a un público moi pequeño? MIGUEL... Ler máis

BONG JOON-HO: VIVISECCIONANDO O “MONSTRO” DA PANTALLA COREANA

“Esta vez fai que pareza real… como nas películas” inspector Park Doo-man -Song Kang-ho- en Memories of Murder O ano 2003 marcou, sen ningunha dúbida, un antes e un despois na historia do cinema coreano. Non tanto pola propia historia cinematográfica de Corea do Sur, que xa contaba cunha longa tradición, como pola acollida que as pantallas occidentais comezaron a facer das producións chegadas do país asiático. Por suposto, quedaba moito camiño por percorrer (aínda... Ler máis

VIKINGLAND, de Xurxo Chirro

Vikingland (2011) é a creación dun dos axentes culturais e artistas galegos, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), máis activos e, de distintos xeitos, persoal e influínte, nos últimos anos. Chirro ou Xurxo González aparece avalado por unha labor teórica e de xestión, incidencia e animación cultural institucional máis que consistente (experto na obra de Manoel de Oliveira; programador e creador en 2008 dun orixinal festival, o Filminho; mente pensante activadora das medidas... Ler máis