A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creacion de símbolos identitarios
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual A gran imaxe non ten forma, de Víctor Soho Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creacion de símbolos identitarios, de Victor Soho. En palabras do xurado, “unha proposta temática sobresaliente cunha execución orixinal que parte dunha historia actual sobre o amor para achegarse ao valor dos símbolos, a necesidade, ou non, de telos e as... Ler máis
SINÓNIMOS, de Nadav Lapid
Ser francés Sinónimos é unha película diversa e irregular como un diario persoal. Durante dúas horas sucédense as anécdotas sen que cheguen a desenvolver unha trama aparente. Teñen, con todo, un centro de gravidade. O actor Tom Mercier, que debuta de maneira asombrosa nesta película, paséase co seu abrigo prestado polas rúas de París. Conta as súas historias de Israel a unha parella de mozos burgueses parisienses, traballa como axente de seguridade na embaixada israelí,... Ler máis
Número 42
30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que,... Ler máis
EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron
Fáiseme imposible falar de Eroski Paraíso, a película, sen tocar o persoal. Así que isto, máis que unha crítica, é un comentario que nace do íntimo. Do interior cara o exterior. De forma transparente como se nos conta o filme: deixando ver o esqueleto. Eroski Paraíso (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía de teatro Chévere, recrea o escenario e o proceso de rodaxe da película que Alex (Cris Iglesias) quere facer sobre... Ler máis
PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’
Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista do título gañador da competición do Play-Doc 2019: Humberto Mauro (André di Mauro, 2018), un filme... Ler máis
CEBE E A CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE ‘DO IT YOURSELF’ EN ‘OUT OF THE BLUE’
Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 (Le o texto na súa versión orixinal en inglés aquí) 1. Cebe e o punk D.I.Y. Antes de ser unha especie de subxénero de tutoriais de internet, o concepto de D.I.Y. (acrónimo de “Do It Yourself”: faino ti mesmo) foi un compoñente clave da subcultura punk. O primeiro que me chamou a atención en Out of the Blue... Ler máis
Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”
Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis
WESTERN, de Valeska Grisebach
Un grupo de traballadores alemáns chega a un lugar inhóspito da fronteira entre Bulgaria e Grecia para levar a cabo as obras dunha planta hidráulica. Nunha área montañosa e practicamente despoboada, comezan a desenvolver unhas dinámicas de traballo que dalgunha maneira afectarán os poucos paisanos da zona, quen os miran con receo. Só un deles, amigo dos cabalos salvaxes da contorna, chamado “o novo” polos operarios teutóns e que recibe o alcume do “lexionario”... Ler máis
De periferias e linguas
Parte da equipa do filme Doentes no Festival de Málaga Hai uns anos, saíndo do pase de prensa de Doentes, de Gustavo Balza, no Festival de Málaga recollín unha conversa allea entre compañeiros xornalistas na que falaban de aquilo que eles calificaban como o “cine autonómico”. Doentes rodouse en galego, como era lóxico adaptando o texto de Vidal Bolaño, e eles amosábanse algo indignados ante aquela afrenta de ter que ver un filme que non estivera en castelán dentro... Ler máis
LUX FILM PRIZE: CINEMA E IDENTIDADE EUROPEA
© European Union 2017 – Source: EP O Parlamento Europeo vén de celebrar unha vez máis a entrega dun dos galardóns máis singulares do panorama cinematográfico actual: o LUX Film Prize, que este ano foi para a cinta sueca Sami Blood (2016), ópera prima da directora Amanda Kernell. Esta distinción, que acada xa a súa undécima edición, foi creada no ano 2007 coa intención de promover aquelas películas que amosan e poñen en valor a identidade e cultura europeas,... Ler máis