COSTA DA MORTE, de Lois Patiño
Un inmenso bosque que se ergue na brétema. O cruxir das árbores que caen e baten os seus pesados troncos contra o chan. O son dunha serra de fondo. Así comeza Lois Patiño o seu filme, Costa da Morte (2013), adentrándonos na paisaxe máis profunda da Galiza, unha paisaxe na que o home se tenta abrir camiño, unha natureza á que se aferra e coa que tamén pelexa, na que vive e da que tamén subsiste. É que foi o capricho das ondas do mar o que achegou o barco ateigado de... Ler máis
RENOIR, de Gilles Bourdos
Renoir Vs. Renoir Nos días da Primeira Guerra Mundial, un ancián move un pincel entre os seus dedos artríticos baixo a etérea luz da campiña francesa. A vila é Cagnes-sur-mer, situada na Costa Azul, e o ancián non é outro que Pierre-Auguste Renoir. O mestre impresionista loita por non perder o seu espírito creativo fronte á súa doenza, ao falecemento da súa amada esposa Aline e á marcha da súa principal musa, Gabrielle Renard, mentres que os seus dous fillos maiores,... Ler máis
MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”
Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis