Fon Cortizo: “O cinema é unha arte de creación colectiva e eu quería recuperar esa esencia”
Fon Cortizo propón 9 fugas (2020) que son tanto musicais como cinéticas na súa segunda longametraxe tras Contrafaces (2015). Presentada onte no Festival Internacional de Cinema de Xixón, que este ano se fai enteiramente online, pode verse en Filmin ata o 26 de novembro ás 20 horas, sempre que non se superen os 1.000 visionados marcados como tope desta sorte de salas virtuais. Falamos con el para que nos explique os detalles desta produción rodada dende a improvisación... Ler máis
LOW COST, CRISE E CINEMA EN ESPAÑA
Juan Cavestany é un dos máximos expoñentes do cinema low cost, con obras como ‘Gente en sitios’. Facer unha introdución a un tema como a crise económica actual resulta redundante despois de sete anos de recortes, axustes orzamentarios, primas de risco e outras verbas de recente aparición. Porén, é importante sinalar como a crise do 2008 provocou o nacemento dunha das correntes máis interesantes do cinema español contemporáneo: estamos a falar de filmes afastados... Ler máis
INDIELISBOA 2015 (II/III): ALMAS ERRANTES, EN ESTADO DE SUSPENSIÓN
Este artigo é a continuación dunha primeira crónica que se pode consultar aquí. ‘El complejo de dinero’ comunica ben o fastío dunha burguesía perdida. Na procura dunha identidade fracturada Igual de pijos e perdidiños andan os personaxes de El complejo de dinero (2015), que Juan Rodrigáñez presentou na pasada Berlinale. Baseada na novela anarquista Der Geldkomplex de Franziska zu Reventlow, coloca a un grupo de burgueses nunha finca dun lugar indeterminado... Ler máis
Procesos #19 – Isaki Lacuesta
O pasado mes de outubro, tivo lugar a primeira edición de CoruñaFilm. O centro Ágora, da cidade herculina, reuniu a un grupo diverso de profesionais do audiovisual, ao redor dun conxunto de charlas e cursos de afán formativo, que pretenden tamén ser punto de encontro e intercambio de ideas para creadores. Entre os asistentes, estivo Isaki Lacuesta, para rodar unha curtametraxe en 36 horas, cun equipo técnico e artístico escollido dun casting previo á celebración do evento.... Ler máis
“GUSTARÍAME SEGUIR FACENDO FILMES COMO ‘GENTE EN SITIOS’, MAIS A MIÑA COTA DE FAVORES XA SE ESGOTOU”. ENTREVISTA CON JUAN CAVESTANY
“Épocas estrañas requiren filmes extremos…”. Así preconizaba, coma se fose un agoiro, o tráiler de Dispongo de barcos (2010), un filme quimérico co que Juan Cavestany (Madrid, 1967) comezaba en 2010 a súa triloxía “feita a man”. Antes diso, o director coqueteara coa comedia española máis bizarra en El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo (2004) ou a máis negra con Gente de mala calidad (2008). Mais hai catro anos, Cavestany decidiu dar un xiro de 360... Ler máis
UN 2013 FRAGMENTARIO E PERFORMÁTICO
Que é a narrativa cinematográfica? Podemos comprender os filmes sen a influencia doutras artes, como a fotografía, a pintura ou a literatura? Dando por sentado que é imposible abstraernos por completo destas herdanzas, son moitos os teóricos do cinema que, dende a semiótica ou outros campos, intentaron establecer unha gramática para o cinema. Pensemos en Dziga Vertov e o seu cine-ollo, na caméra-stylo de Alexandre Astruc, no aparato cinematográfico de Jean-Louis Comolli,... Ler máis