LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA

O cinema da escocesa Lynne Ramsay ten a determinación de deixar que as imaxes falen por si soas. Existe a miúdo un aire de realismo máxico na súa obra; un realismo no que as imaxes, estrañas e incómodas pero tamén poéticas, significan as sombrías historias dunhas personaxes que se enfrontan ás consecuencias da incomunicación e da violencia. A pesar de que a maioría das súas películas son adaptacións a partir de novelas ou relatos literarios, o seu cinema estrutúrase... Ler máis

LE PASSÉ, de Asghar Farhadi

A REDENCIÓN SILENCIOSA “Por non morrer de angustia e de vergoña, os homes están eternamente condenados a esquece-las cousas desagradables das súas vidas, e canto máis desagradables son, antes as esquecen”. Así sentenciaba un inspector sen nome encarnado por Roman Polanski en Una pura formalità, de Giuseppe Tornatore (1994). O argumento, porén, non estaría completo sen engadir que o esquecemento, por moi pretendido, nunca chega a ser real, sendo unicamente posible... Ler máis