Berlinale 2023 (VII): grandes autores fan experimentos

in water, de Hong Sang-soo Concluímos as nosas crónicas dende Berlín coa volta de dous autores de primeira, João Canijo e Hong Sang-soo. O portugués presentou o seu díptico Mal Viver (2023) e Viver Mal (2023), unha serie de retratos adaptados de August Strindberg que xiran en torno ás relacións de varios burgueses nun sofisticado hotel en decadencia. Outro sueco, Ingmar Bergman, parece a referencia cinematográfica do luso. O espazo, opresivo, non convida á alegría,... Ler máis

Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos

Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É esta unha crónica parcial, de visita breve, na que con todo atopamos unha concentración de xoias... Ler máis

FIRST REFORMED, de Paul Schrader

Desesperanza e graza Como é posible que unha película eminentemente teolóxica alcance a discreta popularidade de First reformed en 2018? Un éxito que Paul Schrader non recibía polo menos desde os anos de Aflicción (1998) e que queda reflectido no cuarto posto que acadou a película entre o mellor do ano, segundo A Cuarta Parede. Incluso cando se trata dun director como Martin Scorsese, co que Schrader sempre entrelazou a súa carreira, adoita dicirse que a influencia relixiosa... Ler máis

MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS

Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nunha sorte de conmemoración dos seus 20 anos de carreira como cineasta nos que deu a luz outros tantos proxectos audiovisuais, María Ruido tráenos unha reflexión sobre a maternidade. Unha reflexión feminista que pon sobre a mesa a figura da mala nai, desa nai que se permite non querer ser nai e desa nai que se arrepinte delo, e como esta aceptación da maternidade fóra dos... Ler máis

MONICA DEMES: “CREO QUE COMEZAN A DAR ESPAZO PARA QUE A MULLER XOGUE UN ROL DIFERENTE NO CINEMA”

Na pasada edición do 21 Festival de Cine Internacional de Ourense unha rara avis entrou dentro da Competición Iberoamericana. Tratábase de Lilith’s awakening (2016), filme de autor e de terror dirixido por unha muller, Monica Demes, que mesturaba reivindicacións feministas e cine de vampiros dando lugar a unha das obras máis interesantes do festival. Fotografia: Daniel Gallego Comentabas no pase posterior á túa película que estiveras en Galicia hai anos facendo turismo... Ler máis

OS ENSAIOS COMO TENTATIVAS

O seguinte texto é obra dun dos participantes do Workshop Crítica de Cinema realizado durante o Curtas Vila do Conde – Festival Internacional de Cinema. Este obradoiro consistiu, dunha banda, nun conxunto de clases maxistrais e debates con convidados internacionais, e doutra, na produción de textos críticos sobre os filmes exhibidos durante o festival, que foron publicados, periodicamente, na páxina do Público, no blog do Curtas Vila do Conde, e nas revistas Á Pala... Ler máis

OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis

ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?

“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis