QUIÉN LO IMPIDE, de Jonás Trueba
Desde o comezo da súa carreira como director e guionista, Jonás Trueba dialogou de forma decidida co universo adolescente. Do texto da iniciática Más pena que Gloria (Víctor García León, 2001), centrada na primeira decepción amorosa dun mozo de 16 anos; á recente La reconquista (2016), a súa película máis notable ata a data, que trasladaba a historia de amor na trintena da súa primeira metade cara a unha significativa orixe de instituto, o director madrileño mostrou... Ler máis
SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO
Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis
OBRADOIROS DE VIDEOGRAFÍA E CINEMATOGRAFÍA PARA A XUVENTUDE
EXPERIENCIAS E METODOLOXÍAS EN CINEMA E EDUCACIÓN Cando, no curso académico 2005-2006, comecei a impartir obradoiros de vídeo nun instituto de Badia del Vallès, a miña proposta era basicamente filmar e proxectar unha serie de vivencias cun grupo de mozos e mozas duns 14 anos. Os grupos eran bastante grandes, até 30 alumnos, mais xogabamos coa dobre vantaxe de contar cunha profesora do centro responsábel da aula, e a propia motivación e curiosidade dos alumnos. Tratábase,... Ler máis