CARLA SIMÓN: “A MIÑA NECESIDADE DE FACER CINE XURDIU DAS HISTORIAS TAN INTENSAS DA MIÑA FAMILIA”
Estiu 1993, ópera prima da catalá Carla Simón, estreouse a pasada Berlinale sen moito ruído, na sección Generation, destinada ás películas con temática infantil ou xuvenil, e en principio dirixidas a ese público. Revelouse para todos os que puidemos asistir ao primeiro pase, como outras en seccións paralelas, dunha relevancia que a destinaba ao xuízo destes primeiros espectadores a un espazo de máis visibilidade. Ao final a xogada saíulle ben á equipa. O filme sae... Ler máis
Procesos #21 – Eloy Domínguez Serén
Eloy Domínguez é de espírito curioso, todo lle fascina. Filma aquilo que o rodea co que teña na man, ben sexa un teléfono móbil ou unha cámara. Logo de colaborar como crítico na Radio Galega e de fundar A Cuarta Parede marcha para Suecia. Alí traballa como peón de obra e como camareiro, mais nunca abandona ese afán observador, reafírmase como cineasta e de aí xorde Pettring. Viaxa, indaga, aprende e tamén ensina. Filma a única hora de luz que os habitantes de Fauske... Ler máis