DORA GARCÍA: “A MIÑA FORMA DE TRABALLAR É SEMPRE LER MOITO, BUSCAR MOITO EN ARQUIVOS, IR SEMPRE AOS SITIOS MÁIS INSÓLITOS”

Dora García (Valladolid, 1965) é unha das creadoras invitadas ao festival Intersección 2019. O título da súa masterclass di moito dela como artista: “Da documentación ao vídeo performance, á película curta, á longametraxe”. A súa obra é internacional e nacionalmente coñecida desde o ámbito das performances e a súa reconsideración do uso dos espazos públicos (xa sexan virtuais ou físicos) mesturando a investigación, a escritura, o papel do espectador... Ler máis

Asif Kapadia: “En moitas ocasións, o público coñece só o final: o meu traballo é investigar a viaxe”

Cunha dilatada carreira como director de ficcións, Asif Kapadia (Hackney, 1972) mudou de xénero no ano 2010, estreando un dos mellores documentais deportivos feitos ata a data. Senna (2010) valeulle a reputación como documentalista, algo que o premio Oscar ao mellor documental que recollería no 2015 polo filme Amy, acabaría por confirmar. Na actualidade, o director pecha esta triloxía con Diego Maradona (2019), un filme que se centra na vida do astro arxentino durante a... Ler máis

ANA ESTÉVEZ: “A ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL É NECESARIA NA FORMACIÓN DE TODAS NÓS POLA SÚA UTILIDADE PARA ANALIZAR E DAR SOLUCIÓNS”

Ana Estévez [na palestra] durante a clausura da 13ª edición do MICE. Fotografía: Denís Estévez A 13ª edición da MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) do Museo do Pobo Galego trouxo case unha treintena de pezas, das cales doce conformarían a Sección Oficial, cun recorrido importante por festivais de prestixio como a Berlinale, Visions du Réel ou o ForumDoc Brasil. Neste contexto decidimos entrevistar á persoa que está detrás de todo isto cunha equipa de... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS

O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis

SITGES 2013 (2/4): QUE A VERDADE NON CHE ESTRAGUE UNHA HISTORIA

“Repite unha mentira mil veces ata que se converta en realidade” Joseph Goebbels Diciamos na primeira crónica deste Sitges 2013 que o determinismo fatal apropiouse de boa parte das propostas da selección. Os dous títulos máis representativos, Only Lovers Left Alive (Jim Jarmusch, 2013) e The Congress (Ari Folman, 2013), contiñan ademais unha clara reflexión sobre os mecanismos de control social a través do poder das historias. A primeira imaxina uns vampiros,... Ler máis