KLOTZ E PERCEVAL: “TOURNEUR SEMPRE NOS INFLUÍU”
Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval son dous vellos coñecidos deste xornalista, que puido entrevistalos por primeira vez en 2009 para Xornal de Galicia polo seu paso pola Coruña para unha retrospectiva no CGAI, pero tamén desta revista. En 2012 protagonizaron moi amablemente un dos primeiros vídeos dedicados a cineastas na sección Procesos, co motivo da presentación no festival de Xixón de Low Life (2011), película que recollía moi ben todo o descontento dunha xeración... Ler máis
Jonathan Rosenbaum: “Os cinéfilos somos coma un club secreto” (2/2)
Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis
Procesos #8 – Low Life, prima della rivoluzione
Non é habitual nesta sección explicar a proposta (isto é, falar das pegadas autorais de cada realizador/a a partires dun xogo en vídeo coas súas formas), pois entendemos que o lector saberá decodificar o exercicio. Porén, este é un caso especial, ao tratarse da primeira vez que contamos cun tándem artístico, que ademais non é galego. Non hai a entrevista habitual, e si unha crítica que pretende defender un filme polo xeral deostado e que dende A Cuarta Parede consideramos... Ler máis
Crónica 21 de novembro
Rápido. Rápido. Máis rápido. Son as palabras que se len na parede dunha piscina municipal, colocadas sobre as rúas, nunha das escenas centrais de Iceberg, do español Gabriel Velázquez, coa que vou espertando nesta miña segunda mañá no FIC Xixón. Son verbas que poderían aplicarse á secuencia inicial: a sombra dun coche que acelera por unha estrada ata saír de plano e estamparse contra algo para caer nun río. Despois, unha elipse, e vemos un rapaz solitario, xogando... Ler máis